Celebramos o samaín con moitas actividades!
Mandatos da Maruxaina: Desde o xoves fomos seguindo uns mandatos de parte desta serea galega relacionandoo co Proxecto do Centro "Amar o mar"
Merendas terroríficas: Tamén puidemos traer merendas terroríficas seguindo estas directrices.
Decoración de cabazas: Nesta actividade as familias esforzáronse moito, fixeron auténticas marabillas seguindo o Proxecto do Centro "Amar o mar".
Postais: Intercambiamos postais do samaín co ceip Pérez Viondi e co ceip Cabada Vázquez.
Faiado do Terror: Por quendas, cada aula foi entrando nun faiado do medo. Alí foron pasando probas para poder facer unha apócema e así conseguir unhas entradas para o teatro.
Día do samaín: o martes 31 viñemos disfrazad@s, tivemos un recreo especial amenizado con música e con merendas elaboradas polos nenos e nenas de 5º e que puidemos degustar.
Teatro: Os alumnos e alumnas de 6º representaron unha obra chamada "ALENda do mar" baseada en varias lendas mariñeiras e resaltando a lenda da Maruxaina. A cativada entregou a súa entrada que gañara previamente no faiado do terror.