Cursos anteriores

RESUMO DO MES DE NOVEMBRO

Rematou o mes de novembro co que deixamos atrás o tempo das castañas e outras moitas cousas máis que aconteceron polo colexio. Deixamosvos unha pequena mostra...

Tamén nos entregaron a Estrela Plurilingüe Infantil na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Foi nun acto no que se recoñeceu o esforzo dos 83 centros de toda Galicia que implantamos o modelo plurilingüe desde a etapa de Educación Infantil. Román Rodríguez, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, quen presidiu o acto, definiu o modelo plurilingüe no esnsino como "moito máis que un proxecto educativo". O conselleiro salientou que "o plurilingüismo prepara aos mozos e ás mozas para os retos da actual sociedade globalizada, e significa mellorar as perspectivas laborais dos, mañá, futuros profesionais".

No colexio celebrámolo cun dos bailes que máis lle gustan aos peques do cole... 

 

Outra das actividades coas que estivemos entusiasmados foi esta, que se e se enmarca dentro do programa LECER ACTIVO da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, en colaboración con OQO editora.

Coa vontade de crear un espazo onde potenciar as relacións interxeneracionais, MENORES MÁIS MAIORES busca xuntar a escola e os centros de maiores, nunha proposta que combina a tradición e a tecnoloxía. Esta iniciativa promove o contacto entre maiores e cativos,no noso caso nenos e nenas de 4º e 6º,  que deberán estreitar lazos e compartir experiencias para crear, traballando en común, unha curtametraxe de animación en stop-motion a partir do conto de OQO editora: O AVÓ DE ZULAIMAR.

Aquí tedes o video co resultado... 

CURTAMAIORESMAISMENORESACORUÑA from OQO on Vimeo.

 

O outono en E. Infantil

Os rapaces e rapazas de 3 anos son uns verdadeiros artistas, cun pouco de axuda, mostrannos un outono do mais variado e creativo.

 

PRIMEIROS AUXILIOS

Os rapaces e rapazas de quinto recibimos na nosa clase a dúas rapazas de Protección Civil. Elas ensináronnos varias técnicas de primeiros auxilios.

Aprendimos a ver, oír e sentir (VOS)

A técnica para poñer ao acidentado en posición lateral de seguridad.

A facer a reanimación cardiopulmonar

Todos practicamos con moito interés

Foi moi instructivo e divertido.

Queremos dar as grazas ao persoal de protección civil pola súa colaboración.

 

TEI. PRESENTACIÓN DE TITORAS/ES E TITORIZADAS/ES

Seguimos coas actividades de Titoría entre Iguais.

Durante este primeiro trimestre temos realizado as primeiras actividades deste programa de educación emocional e prevención do acoso escolar.

O alumnado de 3º e 5º participou dunha xornada informativa e o de 5º tivo tamén unha xornada formativa intensa na que recibíu a capacitación inicial para ser titora ou titor emocional do alumnado de 3º. Nesta xornada, o alumnado recibíu unha acreditación e, voluntariamente, puido facer a solitude formal para que se asignase un neno ou nena a titorizar.

Hai que dicir que o cen por cen do alumnado quixo participar de xeito activo.

Hai uns días, se realizou a asignación de Titoras/es e titorizados, nunha xornada na que se realizaron actividades de presentación. Foi un momento moi especial.

De forma paralela, nas titorías, se están programando actividades educación emocional e resolución de conflictos, que teñen como obxectivo a mellora da autoestima, a empatía ou a inclusión. Estas actividades, xunto coas de cohesión entre Titoras/es e titorizados manteranse ao longo do curso.

Compartimos tamén unha destas actividades de cohesión na que se aproveitaron os xogos populares para aumentar a confianza e a complicidade entre estas pequenas parellas ou tríos.

 

 

 

MAGOSTO 2016

Queremos compartir algunhas das imaxes do Magosto deste ano.

Comezaremos por agradecer ás avoas e avós que viñeron pasar un anaco con nós, compartindo parte da mañá e colaborando á hora de pelar castañas para os máis pequenos e, ás que nesta ocasión non puideron estar, agardamos poder velas na seguinte. Tamén agradecemos ás náis da ANPA que axudaron, como cada ano, na organización desta festa. 

 

Este ano tivemos un Magosto do máis cooperativo tanto nas actividades de primaria, como nas de infantil.

En primaria resalizouse unha xincana na que, durante 2 horas, 50 grupos mixtos con alumnado dos diferentes cursos, tivo que resolver 10 retos espallados por todo o colexio. Cada proba tiña uns 10 minutos para ser realizada, avaliada e saír correndo ao seguinte obradoiro.

O alumnado de infantil participou en 6 xogos populares. Neste caso os grupos tamén estaban formados por nenas e nenos de distinas aulas e niveis.

    

 

 

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO

   Dende o Centro queremos agradecer a participación dos avós e avoas dos nenos e nenas de Educación Infantil na celebración do Magosto. Tamén queremos felicitar aos nenos e nenas de Educación Primaria pola ximcana que desenvolveron con gran éxito.

   Nos vindeiros días teredes máis fotos desta actividade. Un cordial saúdo, 

   A Dirección

DÍA DAS AVOAS E OS AVÓS

As aulas de 3 anos fixemos unha actividade moi especial para homenaxear aos nosos avós e avoas que tanto nos coidan e nos queren .

Viñeron ao cole e compartiron cos seus netos e netas diferentes obradoiros:

   - Cancións en inglés

   - Manualidades

    -Baile

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 - Obradoiro de cociña

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ao final da mañá, merendamos todos xuntos os pinchos que fixeramos no obradoiro de cociña.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

E rematamos coa foto de familia

Pasámolo moi ben, temos que repetir!!

DOMUS

O pasado xoves 26 de maio, os nenos e nenas de 3º visitamos a DOMUS.

Ahí adentrámonos no mundo dos "Pequenos xigantes" a través dunha viaxe en tres dimensións. Esquíos, ratos, serpes, bufos... fixéronnos pasar un bo rato.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Volveremos moi pronto

CARREIRA CONTRA A FAME

O pasado día 20 toda a comunidade educativa participou na "Carreira contra a fame" colaborando con "Acción contra el hambre"

Foi unha xornada deportiva e sobre todo moi solidaria.

Queremos agradecer a colaboración de todas as familias. Mais información aquí.

Distribuir contido

logo conselleria

ligazón abalar

  ligazón edixgal

    ligazón eva

          bibliotecas escolares   ligazón programa tei

      

  

PROGRAMAS EUROPEOS

CENTRO ACREDITADO ERASMUS+ 2023/2027

   

CENTRO ASOCIADO NO CONSORCIO ACREDITADO ERASMUS + DO CFR DE A CORUÑA  2022/27

BLOGS