RESUMO DO MES DE NOVEMBRO
Rematou o mes de novembro co que deixamos atrás o tempo das castañas e outras moitas cousas máis que aconteceron polo colexio. Deixamosvos unha pequena mostra...
Tamén nos entregaron a Estrela Plurilingüe Infantil na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Foi nun acto no que se recoñeceu o esforzo dos 83 centros de toda Galicia que implantamos o modelo plurilingüe desde a etapa de Educación Infantil. Román Rodríguez, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, quen presidiu o acto, definiu o modelo plurilingüe no esnsino como "moito máis que un proxecto educativo". O conselleiro salientou que "o plurilingüismo prepara aos mozos e ás mozas para os retos da actual sociedade globalizada, e significa mellorar as perspectivas laborais dos, mañá, futuros profesionais".
No colexio celebrámolo cun dos bailes que máis lle gustan aos peques do cole...
Outra das actividades coas que estivemos entusiasmados foi esta, que se e se enmarca dentro do programa LECER ACTIVO da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, en colaboración con OQO editora.
Coa vontade de crear un espazo onde potenciar as relacións interxeneracionais, MENORES MÁIS MAIORES busca xuntar a escola e os centros de maiores, nunha proposta que combina a tradición e a tecnoloxía. Esta iniciativa promove o contacto entre maiores e cativos,no noso caso nenos e nenas de 4º e 6º, que deberán estreitar lazos e compartir experiencias para crear, traballando en común, unha curtametraxe de animación en stop-motion a partir do conto de OQO editora: O AVÓ DE ZULAIMAR.
Aquí tedes o video co resultado...
CURTAMAIORESMAISMENORESACORUÑA from OQO on Vimeo.