Extraescolares

Mandadiños

 

O Entroido está moi preto e dende o colexio imos a realizar ao longo da semana previa unha serie de mandadiños. Os tedes eiquí para que os vaiades preparando. Esperamos moita orixinalidade ao longo da semana.

Mandadiño en Galego

Mandadiño en Inglés

Devolución cartos excursión cancelada a Manzaneda do curso 19-20

 

AVISO IMPORTANTE PARA O ALUMNADO QUE CURSABA 6º NO CURSO 19-20

 

Dende Manzaneda xa realizaron a devolución dos cartos da reserva da excursión programada o pasado curso e que foi cancelada por mor do confinamento. Realizaremos a entrega dos cartos o xoves 22 de outubro de 2020 de 16:00 a 18:00. Poderán pasar a recollelo as nais, pais ou titores legais. Por mor do COVID-19 a entrega realizarase do seguinte xeito: Chamades ao timbre e o conserse achegarase co sobre e o listado para anotar a recollida. Moitas grazas.

English Day

Este venres temos unha sorpresa para todos, enjoy  Guiño

 

Esta semana estamos de noraboa e de celebración. O venres día 29 de maio será o ENGLISH DAY. Este ano estará relacionado cos contos.

 

 

 E como toda celebración hai que preparala…con GET READY FOR THE ENGLISH DAY. Preme no logo do English Team para ver os retos que vos propoñen para ir quentando motores:

 

 

Have a great English Week!

 

Día EF en la calle

Nuestra tradicional Día de la EF en la Calle, se ha visto afectado por este coronavirus dichoso. Pero NO queremos dejar de promocionar la importación de la actividad física diaria, y de todo lo que hemos trabajado este curso en nuestras clases de Educación Física.

Gracias a todas las familias que habéis participado y ¡ÁNIMO! ¡¡que ya falta menos!!

SEGUIMOS NA CASA #EuQuedoNaCasa

Aquí vos deixamos os videos que fixemos coas vosas aportacións. Constitúen unha forte dose de orgullo e motivación. Moitísimas grazas pola participación!!! 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ola familias!

Parece que tócanos seguir na casa un pouco máis. Estamos desexando todos estar de volta o antes posible e retomar a rutina que tanto botamos de menos. Hai que pensar que o importante é estar ben! 

Este momento que estamos a pasar require por parte de todos que poñamos o mellor de nós en funcionamento. Como sabedes tratamos de continuar cunha certa "rutina" coas tarefas que publicamos para cada día na páxina web ou no entorno E-Dixgal.

Unha parte desa rutina o constitúen as notas que recibiredes o venres 3 de abril a través da aplicación de Abalar. Esas notas farán referencia exclusivamente a avaliación do traballo feito de maneira presencial ata o 13 de marzo.

Para todas aquelas familias que non teñades descargada a aplicación de abalar ou para aquelas que vós queredes poñer en contacto con nós, non dubidedes en mandarnos un correo á dirección:

ceip.victor.seoane@edu.xunta.es

ou no teléfono: 881 96 06 53

Aquí estamos para o que precisedes! 

Canción: "Pase lo que pase" Billy Boom Band

SAÍDA AO PALACIO DA ÓPERA

Este pasado mércores día 11 de marzo o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria asistimos ao concerto de "El Mundo Suena" de Arcos Iris no Palacio da Ópera.

Neste espectáculo viaxamos por todos os continentes coñecendo as distintas músicas do Planeta e deixándonos levar polos ritmos e culturas do mundo.

Pasamos un moi bo rato con esta actividade de aprendizaxe interactiva, visual e sonora.

Mobilízate pola selva

Por fin finalizamos a recollida de móbiles para reciclar e participar no proxecto "Movilízate por la selva", no que por cada 30 móviles apadriñamos a un chimpancé ao longo dun ano.

Conseguimos xuntar 108 móbiles! Grazas a todos e todas por participar.

Obradoiro de igualdade

O Ceip Víctor López Seoane participou nuns obradoiros de igualdade nos que os rapaces refexionaron sobre dito tema e chegaron a conclusións moi interesantes, en definitiva, homes e mulleres somos iguais.

Aquí podedes ver un exemplo do traballo que se realizou en sexto para logo debatir.

 

 

Entroido 2020

Do 17 ao 21 de febreiro festexamos no cole o Entroido, primeiro cumprimos os mandadiños de luns a xoves e o venres disfrazámonos de choqueiros empregando mezclas de disfraces e accesorios que tiñamos cada un nas nosas casas.

Que ben o pasamos! Incluso actuaron algúns pais e nais aos que agradecemos o seu esfgorzo para vir ao cole.

Taller acoso e ciberacoso para 6º

Os tres últimos vernes o alumnado de 6º asistiu a un Taller sobre o acoso e ciberacoso, se lles informou como identificalo, quen está implicado e como intentar evitalo ou solucionalo. 

É moi importante comunicar calquer problema aos adultos e darlle moita importancia á figura dos observadores xa que se eles actúan poden chegar a frear o acoso.

 

Distribuir contido

logo conselleria

ligazón abalar

  ligazón edixgal

    ligazón eva

          bibliotecas escolares   ligazón programa tei

      

  

PROGRAMAS EUROPEOS

CENTRO ACREDITADO ERASMUS+ 2023/2027

   

CENTRO ASOCIADO NO CONSORCIO ACREDITADO ERASMUS + DO CFR DE A CORUÑA  2022/27

BLOGS