Dinamización Lingua Galega
Dinamización Lingua Galega
O noso cole conta cun equipo de normalización lingüística encargado de potenciar o uso da lingua galega. Para iso deseña e promove actividades ao longo do curso: concursos de poesía, narrativa e banda deseñada; os 15 días de reto do galego; a semana das Letras Galegas; o Día da Poesía; animacións, visita de escritores/as; creación de material audiovisual; ... Tamén organiza e colabora na difusión da cultura galega a través da celebración de festas da nosa terra: Magosto, Samaín, Entroido, ...
CALENDARIO DE ADVIENTO
Deixámosvos o enlace do calendario de adviento deste ano elaborado polo noso alumnado desde Infantil ata 6º de Primaria. Cada curso fixo un vídeo sobre a hortaliza, vexetal ou froita da súa clase, e se irán facendo visible a medida que pasen os días do mes de decembro.
https://bibliomistos.blogspot.com/2023/12/calendario-da-horta.html
LETRAS GALEGAS 2020
Achégase o DÍA DAS LETRAS GALEGAS: 17 DE MAIO e con el, dous novos retos!
RETO 1: EU FALO GALEGO
Propoñémosvos debuxar unha bandeira de Galicia e sacarvos unha foto con ela. Mandade a foto sacada en horizontal ao correo: bibliomistos@gmail.com antes do 16 de maio. Coas fotos de todo o alumnado, profesorado e familias do centro crearemos un vídeo co himno galego de fondo que publicaremos no blog do cole o 17 de maio, conmemorando así a festa das Letras Galegas.
Todos os anos no noso centro celebramos o Reto Eu falo galego, no que durante dúas semanas nos comprometemos a falar en lingua galega. Este ano celebrarémolo dun xeito especial, sen chapa pero con bandeira.
Esa bandeira podedes colocala nunha ventá ou nun lugar visible, recordando que durante estas semanas te comprometes a falar en galego. Eu falo galego! E ti? Animádevos a participar!
RETO 2: ÁBRESE O PANO!
Ricardo Carvalho Calero é o escritor homenaxeado no día das letras galegas de este ano. O teatro foi unha das súas grandes paixóns. Foi espectador, escritor e tamén director de obras teatrais. O amor polas artes escénicas acompañouno toda a vida.
Nos propoñémosvos o RETO: ÁBRESE O PANO! Pensade nun conto, libro...en galego. Carazterizádevos como os seus persoaxes e preparade un dos escenario. Gravadevos en vídeo ou sacade unha foto representando unha das escenas. Mándadeo ao noso correo: bibliomistos@gmail.com antes do16 de maio. O 17 publicaranse no blog da biblioteca os vosos vídeos ou fotos.
O 17 de maio ides poder ver a vosa foto/vídeo e a dos demais compañeiros/as e xogar a adiviñar de que conto se trata!
Por exemplo, Ábrese o pano e aparece unha familia carazterizada do lobo e os porquiños. Péchase o pano, que conto é?