Nós tamén creamos!
8. Curtametraxe con voz e música
Aquí deixamos unha pequena mostra do que será a curtametraxe final de Paco Papán.
Agardamos que vos guste...
5. Iluminación e fotografía
Unha vez creados os personaxes e os escenarios, tocou calibrar a iluminación facendo diferentes probas con luces e sombras. Estes peques xa son todos uns experto@!
4. Escenarios e personaxes
Chegou o momento de deseñar os personaxes. Collimos material reciclado e puxémonos mans a obra, este é o resultado:
3. Guión gráfico
Seleccionamos o conto de Paco Papán de OQO e comezamos a pensar como o podíamos relacionar co noso entorno e o proxecto deste curso, o medioambiente. Despois de varias xornadas de traballo, quedou listo o guión gráfico, onde se recollen as escenas, diálogos, textos do arrador, duración de cada viñeta, tipos de planos e transicións.
2. Técnicas de animación para a aula
Probamos a empregar pequenas animacións co programa de stopmotion e as tablets da aula. Empregando as contruccións e os bonecos.
1. Tipos de animación
O primeiro dos pasos co alumnado foi falarlles das diferentes técnicas de animación existentes:
- Os xoguetes ópticos
- O taumatropo
- O Flip-book
E deixarlles crear os seus propios xoguetes animados:
Comezamos!
O alumnado de 6º de Infantil xunto coas súas titoras e as mestras de apoio, inglés e música participan no plan proxecta, Nos tamén creamos! Que consiste na elaboración dunha curtometraxe en galego a través da técnica stop motion e partindo dun dos libros facilitados pola editorial OQO.
Neste apartado iremosvos contando a evolución do proxecto, dende a súa planificación ata o producto final.
O primeiro paso, como sempre, a formación das mestras.