Cursos anteriores
Unhas fotos do Entroido
O pasado día 4 de marzo, os nenos e nenas de primeiro disfrazámonos de chineses e chinesas e a verdade que o pasamos xenial! Aquí algunhas fotos.
Visita ao parque de Bens e ao punto limpo
Algunhas fotos da visita que o alumnado de sexto realizou ao Parque de Bens e ao punto limpo, onde lles explicaron o proceso de obtención de enerxía a partir de residuos orgánicos que se fai no Parque (antiguo vertedeiro) e o modelo de recliclaxe que existe na cidade da Coruña.
Exposición "Aforrando enerxías" no colexio
Durante estes días temos na entrada do colexio a exposición itinerante Aforrando exerxías. A exposición, que está organizada pola asociación Lapis verde, conta coas ilustracións do pintor Leandro Lamas, e tenta concienciar sobre as pequenas cousas que podemos facer dende os diferentes ámbitos nos que nos movemos (familia, colexio, etc.) para usar racionalmente os recursos que temos a nosa disposición.
Invitamos a toda a comunidade educativa a que se achegue a visitar a exposición.
Visita á exposición sobre o Pórtico da Gloria
O alumnado de sexto curso de Educación primaria acudiu ao Centro Social Caixanova (Novacaixagalicia) para ver a exposición: "Pórtico da gloria: misterio e sentidos" na que foron descubrindo as partes e o significado desta obra do Mestre Mateo.
Grazas á guía que o acompañaba, o alumando puido viaxar ata o século XII e imaxinar o que un peregrino sentía ao chegar á catedral e pasar por debaixo desta grande obra do románico.
Podedes consultar máis información sobre o pórtico AQUÍ
Visita ao xornal "El ideal gallego"
O alumnado de sexto curso de primaria estivo o día 22 de febreiro visitando as instalacións do xornal "El ideal gallego", no polígono de Pocomaco, onde lles ensinaron a redacción, rotativa, instalacións e lles explicaron todo o proceso de creación dun xornal dende que se produce unha nova ata que sae publicada no xornal. Na fotografía inferior vedes a recensión que publicou o xornal na súa edición do domingo 27/02/2011.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9