Cursos anteriores

REBUMBIO MATEMÁTICO

O alumnado de sexto estamos a participar no Rebumbio matemático organizado por  AGAPEMA

Na fase de zona da Coruña, participamos 31 equipos. 

Na primeira fase participamos todo o alumnado de sexto, mais para a fase de zona só podía ir un equipo de tres persoas.

En 6º A clasificouse o equipo "ARQUÍMEDES" formado por Sara, Diego e Paula.

En 6º B "OS MATEMENTES" formado por Gabriel, Lucía e Xurxo.

 

 

 

   

 

Pasámolo moi ben e estamos desexando clasificarnos para a fase final galega que se celebrará no Forum o 22 de maio.

Mais información en http://bibliomistos.blogspot.com.es/

Pablo Picasso no Museo de Belas Artes

Este ano commemórase o 120 aniversario da primeira exposición realizada por Picasso, durante a época na que viviu  na nosa cidade.

No Museo de Belas Artes puidemos visitar a exposición "O PRIMEIRO PICASSO A CORUÑA 2015" na que observamos os seus primeiros debuxos e cadros; a influenza dos mestres que tivo na cidade, Isidoro Brocos; os temas que retomaría varias veces ao longo da súa vida.

 

 Esta foto é da visita do alumnado de 5º, nos próximos días voltaremos co alumnado doutros cursos.

Visita á Domus

O alumnado de 5º visitamos á Domus.

.

Para comezar vimos un documental en 3D titulado "Titanes de la Edad del hielo"

 

Neste documental móstranse as últimas reflexións do por que se extinguiron estes fantásticos animais: factores como o clima, o aumento da temperatura da terra, os cambios xeográficos...

É precioso, recomendámolo.

Logo visitamos as dintintas zonas: xogo de neuronas, farmacoxenómica...

Voltaremos pronto.

 

OS TESOUROS DE MARÍA PITA

Os nenos e nenas de segundo curso disfrutaron onte dunha saída moi interesante e divertida ao centro da nosa cidade.

Todos aprendimos e descubrimos moitos "tesouros" que andan agochados na plaza de María Pita e incluso dentro do noso concello.

                                          Premede para ver o video 

O aire que nos rodea

Os rapaces e rapazas de 6º fixeron un taller moi interesante sobre a "Contaminación atmosférica e acústica"

Logo fixeron, no Parque de Santa Margarita, medicións da contaminación que se produce na nosa cidade e quedaron abraiados.

  

 

Non imaxinaban que houbese e fixesen tanto ruido.

Visita ao Parque de bombeiros

Na nosa visita ao Parque de bombeiros aprendemos moitas cousas, o importante que é o seu traballo para axudar a todos os cidadáns, ensináronnos os coches, probamos os seus cascos...

Nadal 2014

Este mes de decembro non paramos.

No bosque de outono, que temos na entrada do colexio, entre todo o alumnado fixemos un gran belén. Estamos moi orgullosos do ben que nos quedou.

O venres tivemos o festival de Nadal

 

Divertímonos moito

FELIZ ANO NOVO!!

Excursións de fin de curso

O curso remata e imos despedirnos ata o próximo.

O alumnado de sexto fixeron unha saída superinteresante: "AS ILLAS CÍES"

Os nenos de cuarto e quinto visitaron Ferrol. Estivemos no  "Parque de Aquaciencia" e na "Aula de Medio Ambiente". Rematamos na praia de Cabanas.

Pasámolo fenomenal.

A rapazada de 1º, 2º e 3º foron de excursión a MARCELLE.

 

Viñeron encantados

 

EDUCACIÓN VIAL

O alumnado de quinto e sexto tivemos unhas charlas de Educación Vial moi interesantes.Unha policía municipal explicounos as medidas de precaución que temos que tomar cando circulamos como peóns, ciclistas e pasaxeiros.

Moitas grazas Silvia, gustounos moito a túa charla.

Distribuir contido

logo conselleria

ligazón abalar

  ligazón edixgal

    ligazón eva

          bibliotecas escolares   ligazón programa tei

      

  

PROGRAMAS EUROPEOS

CENTRO ACREDITADO ERASMUS+ 2023/2027

   

CENTRO ASOCIADO NO CONSORCIO ACREDITADO ERASMUS + DO CFR DE A CORUÑA  2022/27

BLOGS