TEI. PRESENTACIÓN DE TITORAS/ES E TITORIZADAS/ES

Seguimos coas actividades de Titoría entre Iguais.

Durante este primeiro trimestre temos realizado as primeiras actividades deste programa de educación emocional e prevención do acoso escolar.

O alumnado de 3º e 5º participou dunha xornada informativa e o de 5º tivo tamén unha xornada formativa intensa na que recibíu a capacitación inicial para ser titora ou titor emocional do alumnado de 3º. Nesta xornada, o alumnado recibíu unha acreditación e, voluntariamente, puido facer a solitude formal para que se asignase un neno ou nena a titorizar.

Hai que dicir que o cen por cen do alumnado quixo participar de xeito activo.

Hai uns días, se realizou a asignación de Titoras/es e titorizados, nunha xornada na que se realizaron actividades de presentación. Foi un momento moi especial.

De forma paralela, nas titorías, se están programando actividades educación emocional e resolución de conflictos, que teñen como obxectivo a mellora da autoestima, a empatía ou a inclusión. Estas actividades, xunto coas de cohesión entre Titoras/es e titorizados manteranse ao longo do curso.

Compartimos tamén unha destas actividades de cohesión na que se aproveitaron os xogos populares para aumentar a confianza e a complicidade entre estas pequenas parellas ou tríos.

 

 

 

logo conselleria

ligazón abalar

  ligazón edixgal

    ligazón eva

          bibliotecas escolares   ligazón programa tei

      

  

PROGRAMAS EUROPEOS

CENTRO ACREDITADO ERASMUS+ 2023/2027

   

CENTRO ASOCIADO NO CONSORCIO ACREDITADO ERASMUS + DO CFR DE A CORUÑA  2022/27

BLOGS