ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR: RELACIÓN DE CANDIDATURAS PRESENTADAS NOS DIFERENTES SECTORES

Para visualizar as diferentes candidaturas presentadas, premede na ligazón que aparece ao lado do nome de cada sector:

- FAMILIAS: https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/s/y6qS37We2iE2JqN

- PROFESORADO: https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/s/P26pkXmQdydyJF6

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR: CONVOCATORIA DE REPRESENTANTES DE PAIS, NAIS, E/OU TITORES/AS LEGAIS

Na seguinte ligazón tedes a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar.

https://drive.google.com/file/d/1VeWrsdoiQD8dIf9EgBBOzWKTfyUXM2Gh/view?usp=drive_link

Animámosvos a que presentedes candidatura, posto que  o Consello Escolar é un órgano fundamental no goberno da nosa vida educativa.

EXPOSICIÓN "CULTURA OCEÁNICA"

Dende o 30 de setembro ata o 22 de outubro, o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), cedeunos en calidade de préstamo a exposición "Cultura Oceánica". Toda a comunidade educativa visitou a exposición, que trata da influencia que o océano exerce sobre as persoas, e a influencia que as persoas exercemos sobre o océano. O alumnado de primaria realizou diferentes actividades, nas que buscou e seleccionou a información dos diferentes paneis. No arquivo adxunto podedes ver unha actividade elaborada pola mestra Ana Pérez.

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Circular 01
11 de outubro de 2024

Estimadas familias:

Durante o mes de novembro deste ano procederase á renovación parcial dos membros do Consello Escolar. Do mesmo xeito que en convocatorias anteriores, este proceso será simultáneo en todos os centro de ensino público do Concello de Mugardos. Estas serán as fases xerais:

 

DATA

ACTO

18 de outubro

SORTEO público da Xunta Electoral

25 de outubro

Constitución da Xunta Electoral

30 de outubro

Ata o 6 de novembro

Publicación do censo

Período de reclamación ao censo

Do 1 ao 8 de novembro

Admisión de candidatos/as

11 de novembro

SORTEO público da Mesa Electoral

6 de novembro

Claustro informativo

11 de novembro

Publicación de candidatos/as

12 e 13 de novembro

Reclamacións das candidaturas

14 de novembro

Resolución das reclamacións e publicación definitiva

19 de novembro

VOTACIÓNS

25 de novembro

Proclamación dos elixidos e suplentes

5 de decembro

Constitución do novo CE

 

Desde a dirección dos centros animámosvos a que participedes neste proceso tanto como candidatos/as coma electores/as. Lembramos que o Consello Escolar é un órgano fundamental no goberno da nosa vida educativa. Por conseguinte, é moi importante que todos os sectores estean ben representados.

Ao longo das próximas semanas, recibiredes máis información. Para calquera outra consulta, estamos á vosa disposición nos centros.

 Un saúdo,

INICIO DE CURSO 24-25

As reunións de inicio de curso levaranse a cabo nas seguintes datas:

4º de Educación infantil: Luns 9 de setembro ás 16:30 horas

5º de Educación infantil: Luns 9 de setembro ás 16:45 horas

6º de Educación infantil: Luns 9 de setembro ás 16:45 horas

1º Primaria: Luns 9 de setembro ás 17:30 horas

2º Primaria: Luns 9 de setembro ás 17:30 horas

3º Primaria: Martes 10 de setembro ás 16:30 horas

4º Primaria: Xoves 12 de setembro ás 16:30 horas

5º Primaria: Martes 10 de setembro ás 17:15 horas

6º Primaria: Martes 10 de setembro ás 17:15 horas

A actividade lectiva comezará o día 11 de setembro no horario habitual, así coma os servizos complementarios de transporte e comedor escolar.

PRAZOS PARA A XESTIÓN DE SOLICITUDES E RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL

Prazo de solicitude: Do 21 de maio de 2024 ao 21 de xuño de 2024 (ambos inclusive).

Devolución dos libros do curso 2023- 2024: ata o 21 de xuño.

Publicación da listaxe provisional: luns 24 de xuño.

Reclamación ás listaxes provisionais: días 25 e 26 de xuño.

Publicación de listaxes definitivas: xoves 1 de xullo.

Entrega de vales e libros do fondo: dende o día 2 ao 9 de xullo, de 10:00 a 13:00 horas.

*As persoas que non recollan os vales e os libros do fondo nas datas fixadas, poderán recollelos na primeira semana de setembro.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obligatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25

O prazo de presentación de solicitudes é do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024.

Alumnado destinatario:

Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º e 4º de primaria, posto que 5º e 6º ao participar no proxecto E- DIXGAL está excluído da partcipación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde.

Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de educación primaria.

Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en educación primaria.

O alumnado que promociona á ESO presentará a solicitiude no IES onde reservou praza.

As solicitudes presentaranse a través da aplicación Fondolibros (Sede electrónica da Xunta) mediante o Certificado dixital ou a Chave 365, ou presencialmente na secretaría do centro, mediante a presentación dos Anexos I e II.

O horario de secretaría do centro para poder presentar as solicitudes é o seguinte:

Martes e mércores: de 09:05 a 09:50.

Mércores: de 13:10 a 14:00 horas.

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROS ESCOLAR

O alumnado clasificado na fase local previa, participou no Campionato Provincial de cros de centros educativos, celebrado en Porto do Son. Parabéns aos participantes!

Distribuir contido