EXPOSICIÓN "CULTURA OCEÁNICA"

Dende o 30 de setembro ata o 22 de outubro, o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), cedeunos en calidade de préstamo a exposición "Cultura Oceánica". Toda a comunidade educativa visitou a exposición, que trata da influencia que o océano exerce sobre as persoas, e a influencia que as persoas exercemos sobre o océano. O alumnado de primaria realizou diferentes actividades, nas que buscou e seleccionou a información dos diferentes paneis. No arquivo adxunto podedes ver unha actividade elaborada pola mestra Ana Pérez.

 

AnexoTamaño
Exposición Cultura Oceánica.pdf5.15 MB