LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO E DE MATERIAL ESCOLAR

Nos arquivos adxuntos publícase a listaxe de libros de texto e de material escolar (por curso) para o vindeiro curso 2023- 2024.

PRAZOS PARA A XESTIÓN DE SOLICITUDES E RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL

Prazo de solicitude: Do 20 de maio de 2023 ao 21 de xuño de 2023 (ambos inclusive).

Devolución dos libros do curso 2022- 2023: ata o 21 de xuño.

Publicación da listaxe provisional: luns 3 de xullo.

Reclamación ás listaxes provisionais: días 4 e 5 de xullo.

Publicación de listaxes definitivas: xoves 6 de xullo.

Entrega de vales e libros do fondo: dende o día 7 ao 14de xullo, de 10:00 a 13:00 horas.

*As persoas que non recollan os vales e os libros do fondo nas datas fixadas, poderán recollelos na primeira semana de setembro.

FIN DE CURSO

Excursións de fin de curso, despedida do alumnado de sexto, xornada de convivencia coas familias, Spring week, concerto de Sofía Espiñeira grazas á ANPA... Actividades realizadas para despedir un curso cheo de  novas aprendizaxes e experiencias. Grazas a toda a comunidade educativa pola colaboración no desenvolvemento do curso.

Bo verán!

 

 

CONCERTO NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL AS LAGOAS

O alumnado de 4º de primaria realizou un concerto para o alumnado e profes da Escola Infantil Municipal As Lagoas.

MODIFICACIÓN DE ESPAZOS

Este curso levamos a cabo pequenas modificacións nos espazos do patio. Pintamos xogos no chan, e a ANPA instalounos uns troncos na zona do carballo e maceteiros, cos que ademais de naturalizar o espazo, fomentamos o estudo e o coidado das plantas.

Coa modificación dos espazos pretendemos acadar un patio máis inclusivo, con diversas alernativas lúdicas, e que fomente a práctica de exercicio físico.

OBRADOIRO SOBRE ELABORACIÓN DE CREMA DE PROTECCIÓN SOLAR

Alumnado de quinto e sexto de primaria tiveron un obradoiro sobre elaboración de crema de protección solar con ingredientes naturais, e a importancia de protexer a nosa pel.

UTILIZACIÓN DE DIVERSOS RECURSOS MATERIAIS DO POLO CREATIVO

Utilización de material de refugallo para a creación de elementos de costrución, e práctica de motricidade fina en educación infantil (ambiente de arte).

Utilización do Kapla

Kits de máquinas simples 

Utilización do banco de carpinteiro para realizar estampado ecoprint.

Etiquetaxe de diferentes plantas e árbores (educación infantil).

 

XORNADA DE COLPBOL EN SANTA ICÍA (NARÓN)

Alumnado de quinto e sexto de primaria participaron nunha xornada na que practicaron colpbol con centros educativos de Ferrolterra.

ACTIVIDADE COA FP BÁSICA DE "AGROXARDINARÍA E COMPOSICIÓNS FLORAIS", DO IES DE MUGARDOS

Dentro do noso proxecto de centro, adicamos un importante esforzo a identificar plantas da nosa contorna, investigar sobre as súas características, os coidados que precisan, e recoñecer a importancia que teñen no noso día a día.

Grazas á colaboración do profesorado e alumnado da FP Básica de "Agroxardinaria e composicións florais", o alumnado de educación infantil, aprendeu un pouco máis sobre plantas. Escoitaron un conto relacionado coa temática, fixeron sementeiras de chícharos e cabazas de Samaín, e modificaron un pequeno espazo do centro dándolle vida cun xardín de plantas aromáticas.

Distribuir contido