Como parte do programa de transición á etapa de Educación Secundaria, coordinado polos departamentos de orientación noso centro,o CEIP Santiago Apóstolo, e do IES de Mugardos, realizamos unha visita ao instituto co fin de que a promoción de sexto curso de primaria coñeza como vai ser a nova etapa.
O director Serafín, a orientadora Isabel, e alumnado de 1º da ESO, explicou ao alumnado as características e experiencias na nova etapa. Tamén tivemos tempo para levar a cabo un xogo cooperativo cos/coas novos/as compañeiros/as, visitar as instalacións, e merendar na súa cafetería.
Queremos agradecer ao IES a organización da xornada.