ENCONTRO DIGITALWEEK

Fomos convidados a participar no encontro Digitalweek 2023 na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. O noso alumnado de 6º de primaria compartíu unha xornada con outros centros educativos de diferentes puntos de Galicia, que participaron na actividade de inmersión ligüística.

Durante o desenvolvemento do encontro, e con motivo do día da ciencia en galego e do mes da ciencia, asistiron a conferencias de divulgadoras e divulgadores científicas/os, e participaron nun obradoiro de realidade aumentada.

PRACTICAMOS IOGA

Este curso retomamos a práctica do ioga, nas clases de educación física, coa axuda do noso auxiliar de conversa. Moitas grazas Shad!

SAMAÍN NA RÚA

Xa están preparadas as nosas cabazas para lucir nos comercios de Mugardos na noite de Samaín! Achégate á vila, e percorre coa axuda do mapa os escaparates dos diferentes establecementos para atopar a túa cabaza!

 

CHARLA SOBRE OS OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

Todo o alumnado de primaria participou nunha charla sobre os obxectivos de desenvolvemento sostible impartido por Ana Belén Paz. Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), tamén coñecidos como Obxectivos Globais, foron adoptados polas Nacións Unidas en 2015 como un chamamento universal para poñer fin á pobreza, protexer o planeta e garantizar que para o 2030 tódalas persoas desfruten de paz e prosperidade.

Moitísmas grazas Ana  por axudar a conienciarnos para que as nosas accións cotiás contribúan a facer un mundo mellor!

DIGITAL WEEK

O alumnado de sexto curso de primaria participou no programa de inmersión lingüística en lingua inglesa Digital Week, que se desenvolveu en Os Peares dende o día 8 ao 14 de outubro. A Digital Week, enmárcase tamén na Estratexia educación dixital Edudixital2030, que ten como obxectivo favorecer a adquisición de competencias no ámbito dixital e STEM.

TIRO CON ARCO

Monitores da Asociación Adarve, que imparten a actividade en Mugardos de tiro con arco, visitaron o noso centro para realizar unha xornada de práctica desta disciplina.

 

NOITE EUROPEA DA PERSOAS INVESTIGADORAS

Alumnado de quinto de primaria visitou o Centro de Investigación Tecnolóxica, que forma parte do campus indrustrial de Ferrol, con motivo da celebración da "Noite europea das persoas investigadoras"

INICIO DE CURSO 2023-2024

As clases comezan o día 11 de setembro, co horario habitual (de 09:00 a 14:00), agás para o alumndo de 4º de educación infantil que ten período de adaptación. Os servizos de comedor e transporte funcionarán con normalidade.

As datas das diferentes reunións de inicio de curso son as seguintes:

4º de educación infantil: xoves 7 de setembro, ás 16:30 horas.

5º de educación infantil: xoves 7 de setembro, ás  17:00 horas.

6º de educación infantil: xoves 7 de setemro, ás 17:00 horas.

1º de primaria: xoves 7 de setembro, ás 18:00 horas.

2º de primaria: xoves 7 de setembro, ás 18:00 horas.

3º de primaria: xoves 14 de setembro, ás 16:30 horas.

4º de primaria: mércores 6 de setembro, ás 16:30 horas.

5º de primaria: mércores 6 de setembro, ás 17:00 horas.

6º de primaria: xoves 7 de setembro, ás 17:30 horas.

Agardamos que teñades un bo curso.

Distribuir contido