Skip to Content

5º Curso

TAREFAS MÉRCORES 20 DE MAIO

Ola!!

as tarefas para hoxe son as seguintes:

MATEMÁTICAS= páxina 49, exercicios 3 e 4. Seguimos practicando a resolución de problemas.

LINGUA CASTELÁ= no caderno conxugamos o verbo "vivir", e a frase para analizar é a seguinte: "Aquela gata branca ten varias manchas pequenas".

A maiores, os exercicios 5, 6 e 7 da páxina 55.

LINGUA GALEGA= páxina 69, exercicios 1, 2, 3 e 4.

CIENCIAS SOCIAIS= empezamos tema dos ecosistemas. Vemos o vídeo que vos deixo no documento  e contestades este cuestionario. (escribides no cuestionario as respostas e dalles a enviar e xa me chega. Non necesito que o mandedes por correo)

Para corrixir as tarefas, picade sobre as materias: matemáticas, lingua castelá e lingua galega.

NOTA: Mañá non podo facer as sesións de skype porque temos claustro virtual polo que quedan para o xoves.

TAREFAS MARTES 19 05 2020

Ola!!

as para hoxe son as seguintes:

MATEMÁTICAS= páxina 48, exercicios 1 e 2 . Problemas de medidas.

LENGUA CASTELÁ= páxina 54, exercicios 1, 2, 3 e 4. Facemos o mesmo que fixemos hoxe na clase, pero con verbo comer da segunda conxugación ( conxugamos e escribimos na libreta: presente, pretérito perfecto, pretérito imperfecto e futuro simple).

LINGUA GALEGA= páxina 65, exercicios 3 e 4 (seguimos a traballo o punto e coma)

CIENCIAS NATURAIS= xa rematamos o tema, polo que facemos os exercicios de repaso das páxinas 65, 1 e 2, e da 69, o 9 e 10.

Para correxir as tarefas, picade sobre as materias: mates, lingua castelá e lingua galega.

TAREFAS LUNS 18 DE MAIO

Ola familias!!
 
Que tal a fin de semana?
 
Deixo o enlace o muro que fixen cos traballos da celebración do Día das Letras Galegas, porque na web non se ven moi ben.
Os que faltan: enviade as fotos da portada e vou actualizando neste mesmo enderezo e xa as iredes vendo.
 
As tarefas para hoxe son as seguintes:
- MATEMÁTICAS==> seguimos traballando coas medidas de capaciadad. Imos á páxina 47, e facemos os exercicios 4, 5, 6 e 7.
- LINGUA GALEGA==> imos traballar a ortografía, en concreto o uso do punto e coma. Páxina 64. exercicios 1 e 2.
- LINGUA CASTELÁ==> continuamos co uso final da d e a z. Páxina 49, exercicios 5, 6, 7 e 8.
 
O xoves houbo un erro nas tarefas e non vos deixei as de sociais. Había que ler a páxina 64 do libro e no caderno contestabamos ás seguintes preguntas:
1.- Que é a poboación?
2.- Como se chama a ciencia que a estuda?
3.- Que é a poboación absoluta?
4.- Como clasifica aos habitantes a demografía? Explica cada unha delas.
 
Para corrixir as tarefas do venres, picade sobre as materias: mates e lingua castelá.
 
Os grupos para esta semana son os seguintes:
- GRUPO 10:00 A 11:00==> Alejandro A, Leo, Martín M, Ángela, Martina, Joel e Anxo.
- GRUPO 11:15 A 12:15==> Rodri, Hugo, Alejandro B, Bautista, Pablo e Alex G.
- GRUPO 12:30 A 13:30==> Ari, Danny, Zaira, Sara, Martín G y Erik.
 

17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Ola!!

 

Xa comenzaron a chegar ao correo as vosas obras para celebrar o Día das Letras Galegas. Este ano dedícase a RICARDO CARVALHO CALERO.

Para celebralo tiñamos que ver un vídeo da súa obra onde aparecían diversas portadas das súas obras, e debiamos elixir a que máis nos gustase e reproducir unha delas.

Este é o resultado: xenial!!

 

 

 

XOGAMOS?

Ola a todos e todas!!
 
aquí déixovos o reto desta semana. PDF CON INSTRUCCIÓNS
Esta vez debédelo facer en grupos. Organizarvos como queirades.
Con este reto imos desenvolver o pensamento lóxico.
Trátase de facer xogos con escarvadentes, que consisten en resolver enigmas feitos con escarvadentes ou mistos ou outro material pero ten que medir o mesmo.
No pdf que vos achego, indícanvos como formar os números con escarvadentes e diferentes formas xeométricas.
Unha vez que practiquedes elaborando os números e as formas, tedes que facer os retos, os cales consisten en buscar outros resultados movendo os escarvadentes.
Por exemplo: se temos o 6 e movemos un só escarvadentes de posición, conseguimos formar o 0.
E o mesmo para as figuras xeométricas.
 
Ánimo e demostrade o voso enxeño!!
 
IMPORTANTE!! Segundo vaiades resolvendo os retos, facede foto de cada un para logo enviarme as fotos cos resultados de todos os retos.

 

TAREFAS VENRES 15 DE MAIO

Boas familias!!
Por fin é venres!!
As tarefas para hoxe son:
LINGUA GALEGA⇒ Aquí déixovos unha ligazón para o xogo de Carvalho Calero que vos comentei onte. Escribimos as preguntas e respostas correctas no caderno, poñendo por título: Vida e obras de Ricardo Carvalho Calero.
Enviádesme unha foto e de entre todas as que me enviedes ata o sábado, tendo en conta a mellor letra, presentación e orixinalidade, será a que colgarei na web xunto cos debuxos.
Espero que vos guste!!
En skype deixei video coa explicación dos modos dos verbos.
MATEMÁTICAS⇒ páx 46, exercicios 1, 2 e 3. Unidades de capacidade.
Déixovos un xogo con probas para traballar as distintas unidades de medida que vimos esta semana.
Tédesme que enviar os resultados de todas as probas.
Quen consiga atopar o tesouro, terá unha sorpresa no seu correo.
Ánimo!!
LINGUA CASTELÁ⇒ páx 48, exercicios 1, 2, 3 e 4: palabras con z ou d ao final.
Déixovos vídeo coa regra ortográfica en skype.
SOCIAIS⇒ lemos a páxina 65 do libro.
Nela explica a relación entre poboación e traballo e os tres sectores de traballo que hai. En función do que lestes, e tendo en conta a situación de pandemia e o estado de alarma que vivimos, nun primeiro momento houbo unha serie de actividades que se consideraron esenciais e que non pararon de traballar. Podedes indicar algunha desas actividades e relacionalas cos sectores de produción?
Explicar o motivo polo que ditas actividades consideráronse imprescindibles.
Tamén deixei explicación nun video no skype.
 
Os exercicios de mates, corrixímolos na sesión de skype. Para o resto, picade sobre a materia: lingua castelá e lingua galega.

 

TAREFAS XOVES 14 DE MAIO

Ola!!

Xa non queda nada para acabar a semana!! Ánimo!!

As tarefas para hoxe son as seguintes:

MATEMÁTICAS⇒ Déixovos unha ficha de exercicios de cambios de medidas de capacidade e masa. Só tedes que facer os exercicios do 1 ao 6, que son os de capacidade.

LINGUA CASTELÁ⇒ Continuamos cos verbos e facemos da páxina 47, os exercicios 5, 6 e 7. Antes de facelos, vemos o vídeo de tempos verbais e modo.

LINGUA GALEGA⇒ páx 63, exercicios 3, 4 , 5 e 6.

No libro en papel, imos ao final e hai un apéndice verbal. Empezamos a revisar as formas do verbo andar.

Mañá, ao longo da mañá, deixareivos vídeo explicativo sobre os verbos en skype.

Como sabedes o 17 de maio, celébrase do Día das Letras Galegas. Este ano o autor ao que se dedica este día é RICARDO CARVALHO CALERO. Para coñecer un pouco da súa vida e a súa obra, déixovos unha ligazón a un vídeo realizado por nenos/ as da vosa idade.

Prestade atención aos datos do vídeo porque nas tarefas do venres, deixareivos un xogo que ten que ver con el.

PLÁSTICA⇒ Unha vez que visualicedes o vídeo de Carvalho Calero , debedes elixir unha das portadas dos libros que aparecen no vídeo, e tedes que tentar reproducila. Sería ideal que mo fixésedes chegar o venres, para crear un padlet con todos os vosos debuxos para colgalos na web.

Correccións tarefas mércores: mates, lingua castelá e lingua galega.

TAREFAS MÉRCORES 13 DE MAIO

Ola!!

 

Antes de nada, volvo deixar as ligazóns aos cadernos de actividades:

MATEMÁTICAS==>

https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202015253_U32_U1_U101_U2

LINGUA GALEGA==> https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=2020252537_U32_U1_U101_U2

LINGUA CASTELÁ==> https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202025253_U32_U1_U101_U2

CIENCIAS SOCIAIS E CIENCIAS NATURAIS==> Para poder acceder só tedes que poñer en google: Edelvives dixital. 

O noso usuario é: primaria5-6@ sanxoseobreiro.es, e o contrasinal: edelvives. 

 

As tarefas para hoxe son as seguintes: 

- MATEMÁTICAS==> imos ver na sesión a escaleira das medidas de capacidade, polo que hai que facer da páx 45, os exercicios 1, 2 ,3 e 4. 

Antes de facer os exercicios, buscar por casa 5 obxectos que poidades medir coas medidas de lonxitude e 5 produtos nos que se utilicen as medidas de capacidade.

Facedes unha táboa poñendo nome do obxecto e medidas. 

- LINGUA CASTELÁ==> avanzamos co verbo. 

Déixovos un vídeo onde se explica o que son as formas persoais e non persoais. 

Despois facedes da páx 46, os exercicios 1, 2, 3 e 4. 

- LINGUA GALEGA==> os que temos o libro en papel, imos á páx 150 e repasamos tempo e modo dos tempos verbais. Imos explicar en clase.

Do caderno de actividades, facemos os exercicios 1 e 2 da páx 62. 

- NATURAIS==> lemos a páx 65 do libro e facemos esquema da clasificación dos vertebrados, seguindo o modelo que vos deixei no grupo de skype. 

 

Para corrixir as tarefas pendentes de matemáticas do luns, deixeivos 3 vídeos explicativos no skype. Para o resto, picade sobre as materias: mates, lingua castelá e lingua galega.

TAREFAS MARTES 12 DE MAIO

Ola!!

as tarefas para hoxe son as seguintes:

- MATEMÁTICAS==> déixovos unha ficha en pdf para seguir repasando as medidas de lonxitude.

- LINGUA CASTELÁ==> comprensión lectora. Páx 44, ej 1 e páx 45, exercicios 2,3,4 e 5.

- LINGUA GALEGA==> comprensión lectora. Páx 60, ej 1 e páx 61, exercicios 2, 3, 4 e 5.

- CIENCIAS NATURAIS==> lemos a páx 64 do libro: animais vertebrados e facemos o esquema do corpo dos vertebrados cun debuxo e o das funcións vitais.

Ver o seguinte vídeo.

 

Para corrixir as actividades, picade sobre as materias: lingua castelá e lingua galega. De matemáticas non deixo as correccións hoxe porque seguramente deixarei mañá un vídeo en skype, explicando os exercicios.

TAREFAS LUNS 11 DE MAIO

Ola!!!
 
Que tal a fin de semana? Espero que ben!!
 
O luns xa está aquí, e con el chegan as tarefas:
MATEMÁTICAS⇒ Empezamos co caderno do terceiro trimestre. É o mesmo ligazón de sempre. Imos á páxina 44, ficha 1: Relacións entre as unidades de lonxitude e facemos exercicios 1, 2, 3 e 4.
Deixeivos en skype o vídeo explicativo das unidades de lonxitude, e un pdf coa escaleira cos múltiplos e submúltiplos do metro, para ver como se pasa dunha unidade a outra.
E déixovos tamén por aquí devandito pdf da escaleira e outro pdf que serve como ficha para facela (xa volo explico no vídeo).
Tamén deixo video explicativo das unidades de lonxitude de happy learning.
LINGUA CASTELÁ⇒ páxina 34, exercicios 1 e 2, e páxina 35, exercicios 3 e 4.
Nestas fichas traballamos a estrutura dunha carta, e para que o entendades mellor déixovos unha ligazón a un vídeo onde o explica.
Deixeivos tamén un ditado para practicar o uso do guión no skype.
LINGUA GALEGA⇒ continuamos coas palabras compostas.
Páxina 51, exercicios 3, 4, 5 e 6.
 
Para corrixir as tarefas do venres, picade sobre as materias: mates, lingua castelá e lingua galega.
 
GRUPOS E HORARIOS SKYPE PARA ESTA SEMANA:
GRUPO 10:00-11:00 H ⇒ Joel, Danny, Martín M, Martín G, Hugo e Pablo.
GRUPO 11:15-12:15 H ⇒ Alejandro B, Alejandro A, Erik, Martina, Sara e Ángela.
GRUPO 12:30-13:30 H ⇒ Bautista, Alex G, Leo, Anxo, Rodri, Aira e Zaira.
 
Distribuir contido


by Dr. Radut