Skip to Content

TAREFAS XOVES 14 DE MAIO

Ola!!

Xa non queda nada para acabar a semana!! Ánimo!!

As tarefas para hoxe son as seguintes:

MATEMÁTICAS⇒ Déixovos unha ficha de exercicios de cambios de medidas de capacidade e masa. Só tedes que facer os exercicios do 1 ao 6, que son os de capacidade.

LINGUA CASTELÁ⇒ Continuamos cos verbos e facemos da páxina 47, os exercicios 5, 6 e 7. Antes de facelos, vemos o vídeo de tempos verbais e modo.

LINGUA GALEGA⇒ páx 63, exercicios 3, 4 , 5 e 6.

No libro en papel, imos ao final e hai un apéndice verbal. Empezamos a revisar as formas do verbo andar.

Mañá, ao longo da mañá, deixareivos vídeo explicativo sobre os verbos en skype.

Como sabedes o 17 de maio, celébrase do Día das Letras Galegas. Este ano o autor ao que se dedica este día é RICARDO CARVALHO CALERO. Para coñecer un pouco da súa vida e a súa obra, déixovos unha ligazón a un vídeo realizado por nenos/ as da vosa idade.

Prestade atención aos datos do vídeo porque nas tarefas do venres, deixareivos un xogo que ten que ver con el.

PLÁSTICA⇒ Unha vez que visualicedes o vídeo de Carvalho Calero , debedes elixir unha das portadas dos libros que aparecen no vídeo, e tedes que tentar reproducila. Sería ideal que mo fixésedes chegar o venres, para crear un padlet con todos os vosos debuxos para colgalos na web.

Correccións tarefas mércores: mates, lingua castelá e lingua galega.

AdxuntoTamaño
14.medidas_de_capacidad_y_peso.pdf28.03 KB
solucionario matematicas tercer trimestre-5.pdf81.1 KB
solucionario lengua tercer trimestre-6.pdf36.82 KB
464427_Soluc Cuad Lingua 5-3 SH-6.pdf99.74 KB


page | by Dr. Radut