Skip to Content

Novas

Candidaturas do sector de Nais e Pais

Finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de nais e pais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR do Centro, segundo convocatoria de catro do mes en curso, a XUNTA ELECTORAL deste Colexio fai pública a relación de nomes dos candidatos que se presentan á referida elección, segundo se indica de seguido por orde alfabético de apelidos:

1 - Dna. ENCARNACIÓN GÓMEZ RODRÍGUEZ

2 - Dna. RAQUEL RABUÑAL ERIAS

Segundo o establecido no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21) corresponde elixir no presente proceso electoral a DOUS pais/nais, dun total de cinco que debe ter o Consello Escolar.  Os outros DOUS representantes de pais continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2012.

A campaña electoral comprenderá dende o 17 ao 22 de novembro, ambos os dous días inclusive, segundo o punto 5º da Convocatoria de elección de nais e pais para o Consello Escolar do 4 de novembro.

Distribuir contido


by Dr. Radut