Skip to Content

5º Curso

TAREFAS XOVES 30 ABRIL

Boas!!!

As tarefas para hoxe son:

- MATEMÁTICAS= páxina 9, exercicios 1, 2 e 3.

- LENGUA CASTELÁ= páxina 20, exercicio 1 e páxina 21, exercicios 2, 3, 4 e 5.

- LINGUA GALEGA= páxina 11, exercicios 4, 5 e 6.

As correccións de onte: mates, lingua castelá e lingua galega.

 

Temos unha ponte para descansar.

Ata o martes non temos clase.

De todos os xeitos, mirade a web porque algunha cousiña deixareivos.

 

TAREFAS MÉRCORES 29 ABRIL

Boas!!

as tarefas para hoxe son as seguintes:

- MATEMÁTICAS: páxina 8, exercicios 1, 2 e 3.

- LINGUA CASTELÁ: páxina 19, exercicios 3, 4 e 5.

- LINGUA GALEGA: páxina 10, exercicios 1, 2 e 3.

 

As correccións das tarefas de onte: mates, lingua castelá e lingua galega.

 

Lembrade!! Mañana sesión á mesma hora e os mesmos grupos.

TAREFAS MARTES 28 ABRIL

Ola familias!!

 

As tarefas para hoxe son as seguintes:

- Matemáticas: páxina 7, ej 1,2 e 3

- Lingua castelá: páxina 18, ej 1 e 2

- Lingua galega: páxina 9, ej 4,5 e 6

- Ciencias Sociais: adxunto un pdf co traballo en grupo que hai que facer entre esta semana e a seguinte. Data de entrega: venres 8 de maio.

Trátase dun traballo sobre a nosa localidade. No pdf van unhas preguntas que tedes que contestar e que deben aparecer na presentación do traballo que fagades. Debedes consultar un mapa da localidade para poder facelo. Na presentación achegar fotos. Espero que a pesar de que non o podades facer de forma presencial, e tal como pedístesme algúns, sexades capaces de coordinarvos para facelo por skype.

Trátase dun gran reto. Espero grandes traballos!!

As correccións das tarefas de onte son as seguintes:

mates, lingua castelá e lingua galega.

Lémbrovos que no skype, no grupo creado de "Ditados", mañá deixareivos vídeo explicando a norma do ditado do venres e colgareivos un ditado novo que hai que facer.

Moito ánimo!

TAREFAS LUNS 27 DE ABRIL

Boas familias!!
 
Indico organización dos grupos de skype para esta semana:
- GRUPO 10 - 11:15 h= Ángela, Sara, Martina, Bautista, Alex G e Leo.
- GRUPO 11:15 A 12:30= Anxo, Rodri, Alejandro A, Erik, Zaira, Ari, Alejandro B.
- GRUPO 12:30 - 13:30= Danny, Martín G, Martín M, Hugo, Pablo e Joel.
 
As tarefas son as seguintes:
- MATEMÁTICAS= páxina 6, repaso de comparación de fraccións. Exercicios do 1 ao 4.
- LINGUA CASTELÁ= páxina 17, exercicios do 4 ao 8.
- LINGUA GALEGA= páxina 8, exercicios 1, 2 e 3.
- PLASTICA= déixovos un pdf coas instrucións para traballar esta semana.
- CIENCIAS NATURAIS= esta semana imos repasar os contidos de 4º do tema dos seres vivos: os animais, a ver que lembrades. Deixo ficha para facer unha folla cada dia. Está en pdf, pero si a pasades a word, creo que podedes escribir sobre ela. Se non vos deixa, copiamos preguntas e facemos na libreta.
 
Déixovos unha ligazón con dúas lecturas en galego. Elixide unha e xa sabedes... a ler!!
Os libros para vos son: "Boa sorte" e "Mokos"
 
As correccións das tarefas do venres son as seguintes: mates, lingua castelá e lingua galega.
 
Para aqueles que non podedes acceder aos libros dixitais, deixeivos o mércores e o xoves, pdf con fichas de matemáticas, lingua castelá e lingua galega para imprimir.
O caderno de matemáticas son moitas follas. Ide imprimindo as 25 primeiras.
Poden ir facendo unha ficha cada día de cada materia.
 
 

QUE FACEMOS NA CASA?

Ola de novo!!

Aquí deixo novas fotos do que facemos na casa.

Por un lado, Martín García, co seu apartado de "retos" que fai na casa, e por outro, unha mostra do resultado da actividade proposta para celebrar o Día do Libro: as rosas que fixeron Ángela e Alejandro B.

Unha pasada!!

TAREFAS VENRES 24 ABRIL

Ola familias!!
 
as tarefas para hoxe son as seguintes:
- MATEMÁTICAS= páxina 4, exercicios do 1 ao 4.
- LINGUA CASTELÁ= páxina 16, exercicios 1, 2 e 3.
- LINGUA GALEGA= páxina 6, exercicio 1 e páxina 7, exercicios 2,3 e 4.
 
As solucións ás tarefas de onte atopádelas picando sobre as materias: mates, lengua castellana e lingua galega.
 
Xa estou a recibir os traballos de ciencias e sociais, e sodes uns artistas. Están todos xenial!!
Tamén recibín algunha foto da tarefa do Día do Libro. Quero fotos do voso libro e da vosa rosa para subir a web.
 
Para os que non poden acceder aos contidos dixitais déixovos uns cadernos de mates e de lingua, para ir facendo cada día unha ficha.
 
Lembrade que temos sesión skype!!
 

QUE FACEMOS NA CASA?

Ola de novo!!

aquí vos deixo novas imaxes:

Zaida, facendo as súas sesións de entreno e o resultado do que fixera Alejandro B.

Que boas pinta, Alejandro!!!

TAREFAS XOVES 23 ABRIL

Ola familias!
quería comentarvos que mañá non podemos facer as sesións de skype porque temos reunión virtual todos os profes do cole.
Por tanto, vémonos o venres.
Temos un compi máis: Alex, que se une ao grupo das 10:00 h.
 
Non sei se sabedes que o día 23 de abril celébrase o Día do Libro. Se estivésemos no cole,  faríamos algunha actividade para celebrar ese día, e por iso, decidín propoñervos unha actividade para facer en casa. A ver que vos parece!!
Pdf coas instrucións. Espero que gocedes facéndoa.
Quero fotos para ver como vos queda o que fagades.
Tamén adxunto un enlace con audiocontos en galego. Ides onde pon "Unha árbore misteriosa",picades e xa tedes varios contos.
https://itinerantesdovento.com/unha-arbore-misteriosa/
 
As tarefas do xoves son as seguintes:
- MATEMÁTICAS= páxina 4. Repaso de fraccións. Exercicios do 1 ao 4.
- LINGUA GALEGA= páxina 4 e 5. Exercicios do 1 ao 5.
- LINGUA CASTELÁ= páxina 15. Exercicios 5,6,7 e 8.
- VALORES= (para os que teñan esta materia). Adxunto pdf con varias fichas. Facede unha cada semana, e cando acabedes avisádesme polo correo do cole.
- PLÁSTICA= o venres vemos as obras de arte que fixestes.
 
As correccións do mércores, tédelas picando sobre as materias: mates, lingua castelá e lingua galega.
 
Para os que non poden acceder aos contidos dixitais, adxunto pdf` s con traballo para esta semana e a que vén de lingua galega de comprensión lectora . Mañá poñerei o resto de pdf´s para as outras materias
 

QUE FACEMOS NA CASA?

Ola!!

como vos dixen, están a chegar cousas ao correo.

Hoxe déixovos estas dúas fotos de dous compañeiros, nas que nos mostran algunhas das súas aficciones.
Anxo, dedicandóse á repostería (parece que é un pouco larpeiro porque leva moitoooo chocolate) e Alejandro, coas mans na masa ... xa veremos máis adiante o que sae de aí. Espero que vos gusten e que vos animedes a mandarme máis.

Aínda teño algunhas pendentes que irei colgando ao longo desta semana.

O bo.... faise esperar!!!

TAREFAS MÉRCORES 22 ABRIL

Ola familias!!
estou a recibir no correo moitas fotos onde mostrades as vosas aficciones.
Aínda non puiden subilas, pero ao longo desta semana xa estarán colgadas.
 
As tarefas para hoxe son as seguintes:
- MATEMÁTICAS: páxina 24, porcentaxes. Exercicios do 1 ao 4 (mañá repasámolo en clase).
- LINGUA CASTELÁ: páxina 14, exercicios do 1 ao 4.
- LINGUA GALEGA: páxina 46, o verbo. Exercicios 1 e 2.
- CIENCIAS NATURAIS: imos facer un traballo para toda a semana igual que en sociais. Temos que elixir unha planta que se dea nalgún lugar de Galicia e debedes clasificala indicando o seguinte:
- con flor/sen flor
- forma de reproducirse
- nun mapa de Galicia, a situais para saber de que lugar é orixinaria.
- indicais as partes da planta.
Igual que en sociais, podédelo facer no computador ou no caderno.
Achegar fotos ou facede debuxos para ilustrar o traballo.
Se sabedes algunha cousa máis desa planta, tamén podedes poñelo.
 
As correccións das tarefas de onte atoporédelas picando sobre as materias: mates, lingua castelá e lingua galega.
 
Vémonos mañá!!
 
Para aquelas familias que non podedes acceder as tarefas nos libros dixitais, mañá vou deixar en pdf o traballo para toda a semana, para que o poidades imprimir todo xunto.
 
Distribuir contido


by Dr. Radut