Skip to Content

5º Curso

XOGAMOS?

Ola!!

O reto para esta semana é o seguinte:

Resulta que teño un problemiña e necesito a vosa axuda!!.

Teño unha serie de fotos de personaxes galegos con distintas profesións e non coñezo a todos/ as.

O reto é adiviñar quen é cada un/unha, e a súa profesión.

Cando os teñades, enviádesmo ao correo, a ver se entre todos/ as conseguimos pescudar quen é.

Despois, podedes utilizar as tarxetas para xogar en familia, facendo a descrición do personaxe para ver se o adiviñan.

Espero que pasedes un intre entretido e que vos guste!!

Aquí vos deixo o pdf coas tarxetas.

TAREFAS VENRES 08 DE MAIO

Boas!!

Hoxe non deixei ningún video no skype porque as tarefas que temos son continuación das de onte, para seguir repasando o que aprendimos.

As tarefas de hoxe son as seguintes:

- MATEMÁTICAS= páx 38, exercicio 1. Son varios problemas para aplicar as operacións básicas con decimais. Toca pensar!!

- LINGUA CASTELÁ= páx 33, exercicios 5, 6 e 7.

- LINGUA GALEGA= páx 50, exercicios 1 e 2 (palabras simples e compostas: o vemos na sesión).

 

As correccións, picando sobre as materias: mates, lingua castelán e lingua galega.

TAREFAS XOVES 7 DE MAIO

Boas familias!!

 

as tarefas para hoxe son as seguintes:

- MATEMÁTICAS= páx 37, exercicios 1, 2 e 3.

- LINGUA CASTELÁ= páx 32, exercicios 1, 2, 3 e 4.

- LINGUA GALEGA= páx 49, exercicios 3, 4 e 5.

- PLÁSTICA= pdf coas instruccións do que tedes que facer.

Os videos explicativos de mates e lingua castelá, están no grupo de skype. De lingua galega non hai explicación porque seguimos con exercicios sobre o uso da coma.

Non deixo tarefas de ciencias sociais porque tedes que rematar o traballo da localidade e entregalo o venres.

 

Para correxir as tarefas, picade sobre as materias: mates, lingua castelá e lingua galega.

TAREFAS MÉRCORES 06 DE MAIO

Boas familias!!
 
Os vídeos explicativos ás tarefas de hoxe deixeinos colgados no grupo que temos de skype porque algúns/ as dixéronme que tiñan problemas coas ligazóns que deixei onte, e así xa poden collelos todos/ as de aí.
 
As tarefas para hoxe son as seguintes:
- MATEMÁTICAS= ficha 6 do caderno dixital. Páx: 36, exercicios 1 e 2.
- LINGUA CASTELÁ= páx 31, exercicios 5, 6, 7, 8 e 9
- LINGUA GALEGA= páx 48, exercicio 1 e 2.
Adxunto pdf con esquema dos verbos e cópiano no caderno. Unha vez feito, envíanmo ao correo de clase.
- CIENCIAS NATURAIS= facer esquema coas características dos animais invertebrados, con exemplos e debuxos no caderno. Poden axudarse mirando na páx 63 do libro dixital ou do libro en papel. Unha vez feito, mándanmo en foto ao correo de clase.
Adxunto ligazón ao vídeo de happy learning de animais invertebrados.
 
 
 
As correccións tédelas picando sobre as materias: mates, lingua castelá e lingua galega.
 
Lembrade! Hoxe, mércores, sesión de skype: mesmos grupos e mesma hora.

 

TAREFAS MARTES 05 DE MAIO

Ola familias!!
 
Que tal estes días de descanso?
Espero que sigades ben.
 
Tivemos comunicación de inspección e indícanos que podemos avanzar en materia se queremos, pero que non vai ser avaliable.
Como xa levamos bastante tempo con tarefas de repaso da primeira e da segunda avaliación, decidín que imos ir avanzando nos contidos máis importantes de cada materia, e que xa se viron en cursos anteriores.
Por iso, a partir de hoxe, cambiaremos un pouco a estrutura de traballo que tiñamos ata o de agora.
Ademais de deixar as tarefas, vou deixar vídeos explicativos para que os visualicen antes de facelas. Deben tentar facelas sós/ as e se teñen algunha dúbida, resolverémola nas sesións de skype.
Combinaremos, por tanto, tarefas do libro dixital, con fichas que irei deixando para que as realicen e mas envien ao correo de clase.
 
Para calquera dúbida ou aclaración respecto diso, quedo á vosa disposición no correo.
 
As tarefas para hoxe son as seguintes:
- MATEMÁTICAS= vídeo explicativo das divisións de números decimais entre números naturais. Podedes consultar a explicación da páxina 128 do libro. Do caderno dixital hai que facer a ficha 5, páx.35, exercicios 1, 2 e 3.
https://drive.google.com/file/d/1VEbc7lillrjx7H3esKKOwna28HRGDido/view?usp=sharing
 
- CIENCIAS NATURAIS= vídeo explicativo dos animais invertebrados. Lemos a páxina 62 do libro. Ademais adxunto pdf con explicación e pdf con ficha.
https://drive.google.com/file/d/1Fy26N6buU08nCY1MB8Q3IYuouw3mFq2j/view?usp=sharing
 
- LINGUA CASTELÁ= lemos a páx 146 do libro. Repaso do verbo que é o último que vimos en clase, e facemos do caderno dixital, páx.30, ex. 1, 2, 3 e 4. Explicarémolo o mércores na sesión de skype.
 
- LINGUA GALEGA= lemos a páx 150 do libro. É tamén do verbo. Facemos do caderno dixital a páx 47, ej 3, 4, 5 e 6( modifiquei porque os da páx 46 xa estaban feitos). Vémolo tamén o mércores na sesión de skype.
 
Mércores: sesión de skype mesmos grupos e horas.
 
As correccións das tarefas do xoves 30/04/2020, témolas picando nas materias: mates, lingua galega e lingua castelá.
 

QUE FACEMOS NA CASA?

Ola de novo!!

Hoxe déixovos a foto de Hugo facendo unha torta.

Xa temos outro cociñeiro máis!!

TRABAJOS CELEBRACIÓN DÍA DEL LIBRO

Ola familias!!

 

Para celebrar o día do libro, o pasado 23 de abril, os rapaces e rapazas de quinto, fixeron uns traballos magníficos.

Deixo o enlace aquí para que os podades ver.

https://padlet.com/coferro42/5pkm35k0h2bn75ta

Espero que vos gusten!!

QUE FACEMOS NA CASA?

Boas familias!!

Aquí deixóvos algunha foto máis.

Alex preséntanos á súa irmá. Mirade que ben a coida!!, e Zaira na súa primeira salida cos seus patins.

XOGAMOS?

Boas!!!
 
xa vos dixen que nestes días aínda que non tivésemos clase, iades ter noticias miñas.
Hoxe inauguramos nova sección !!
Nela, vos vou a propoñer diferentes xogos ou retos no que queda de curso.
Animádesvos?
O xogo para esta fin de semana, é un xogo de investigación que leva por título "O roubo misterioso".
É un xogo de pistas.
Como non as podedes esconder vós mesmos en casa, o que imos facer, é que ides a ter que estar pendentes das mensaxes do skype, xa que vos podo deixar as pistas en calquera momento.
Unha vez que recibades a cuarta, xa pescudariades o misterio e terédesme que enviar a solución ao correo.
Algúns xa me preguntabades se o podiades facer por parellas ou grupos.
Está pensado para facelo de forma individual, pero se queredes non hai problema.
Aquí déixovos un pdf coa carta coa que se inicia o xogo, e en breve deixareivos a primeira pista.
Ao longo da fin de semana, irei deixando as tres restantes.
 
Boa sorte !
 
Por certo, despois podedes organizalo en casa para as vosas familias.
 

QUE FACEMOS NA CASA?

Ola a todos/as!!

Sigo recibindo fotos no correo e como xa vos dixen, aos poucos ireinas subindo.

Aquí déixovos unha mostra!!

Anxo en acción co chocolate. Leo, facendo a masa para a pizza e Sara, cunha rica torta de arandos.

Distribuir contido


by Dr. Radut