Skip to Content

XOGAMOS?

Boas!!!
 
xa vos dixen que nestes días aínda que non tivésemos clase, iades ter noticias miñas.
Hoxe inauguramos nova sección !!
Nela, vos vou a propoñer diferentes xogos ou retos no que queda de curso.
Animádesvos?
O xogo para esta fin de semana, é un xogo de investigación que leva por título "O roubo misterioso".
É un xogo de pistas.
Como non as podedes esconder vós mesmos en casa, o que imos facer, é que ides a ter que estar pendentes das mensaxes do skype, xa que vos podo deixar as pistas en calquera momento.
Unha vez que recibades a cuarta, xa pescudariades o misterio e terédesme que enviar a solución ao correo.
Algúns xa me preguntabades se o podiades facer por parellas ou grupos.
Está pensado para facelo de forma individual, pero se queredes non hai problema.
Aquí déixovos un pdf coa carta coa que se inicia o xogo, e en breve deixareivos a primeira pista.
Ao longo da fin de semana, irei deixando as tres restantes.
 
Boa sorte !
 
Por certo, despois podedes organizalo en casa para as vosas familias.
 
AdxuntoTamaño
El-robo-misterioso-6-8-3.pdf58.45 KB


page | by Dr. Radut