Skip to Content

5º Curso

EDIXGAL

Coa finalidade de facilitar a información sobre o Proxecto E-Dixgal  elaborouse un espazo web informativo para o profesorado, o alumnado e as familias. O obxectivo é acceder a toda a información sobre o proxecto de dixitalización educativa en Galicia da maneira máis fácil para a comunidade educativa.

Nesta páxina aparece toda a información sobre o seguro opcional para o portátil no folleto informativo familias.

Para calquera dúbida ou suxestión, pode contactar co Servizo Premium a través das seguintes canles:

De xeito remoto a través dun canle telefónica durante as 24 horas do día, os 7 días da semana:

 - A través do número de teléfono 881 86 99 00

 - A través do correo electrónico soporte.premium@edu.xunta.gal

 - A través do WhatsApp no número 604 06 78 56

 - A través do Telegram na conta @Serviciopremiumedixgal

De xeito presencial, mediante técnicos que se desplazan ao centro educativo no que se produce a incidencia

De xeito presencial, mediante técnicos que se desplazan a ubicación concreta onde se atopa o equipo do alumnado, se fose preciso para a resolución da incidencia.

A través de puntos de atención espallados por todo a xeografía galega.

MATERIAL ESCOLAR (Curso 2022/23)

Ola a todos/as! Benvidos ao inicio do curso 2022/23.

Esta é a listaxe de material. 

O material que teñan do ano pasado e esté en bo estado pódese traer en lugar de mercar outro novo (dicionarios, carpetas, frauta,...).

Un saúdo.

Lista de material

 Ola de novo!

Aquí tedes a lista de material para este curso 2021/2022. 

Un saúdo!

Benvida

Estimadas familias:

Neste vindeiro curso 2021/2022, o titor vou ser eu, Marco. 

A reunión xeral de pais/nais terá lugar o luns 13 de setembro ás 17:00 horas. Debido ás condicións sanitarias só poderá asistir unha persoa por familia. Sería conveniente que trouxerades un boligrafo xa que se precisará asinar certa documentación.

Na reunión falaremos e resolveremos todas as dúbidas que poidades ter respecto á incorporación do sistema E-Dixgal, é dicir, da implantación do libro dixital nos centros educativos.

Por último, lembrar que vou adxuntar tamén a lista de material aquí na web, pero tamén entregareina impresa mañá aos rapaces e rapazas para que a leven para casa.

Para mañá é suficiente con que traian o estuche con boli e lápis.

Un saúdo!

Marco

E-Dixgal

Coa finalidade de facilitar ao máximo a posta en marcha deste curso tan especial marcado pola covid-19, elaborouse un espazo web informativo para o profesorado, o alumnado e as familias sobre o Proxecto E-Dixgal. 

Por este motivo tedes un adhesivo no pórtatil que, a través dun código QR, dirixe á páxina informativa do Proxecto: https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazo/e-dixgal. O obxectivo é acceder a toda a información sobre o proxecto de dixitalización educativa en Galicia da maneira máis fácil para a comunidade educativa.

Nesta páxina aparece toda a información sobre o seguro opcional para o portátil no folleto informativo familias.

Para calquera dúbida ou suxestión, pode contactar co Servizo Premium a través das seguintes canles:

Número de teléfono 881 86 99 00

Correo electrónico soporte.premium@edu.xunta.gal

WhatsApp no número 604 06 78 56

Telegram na conta @Serviciopremiumedixgal

 

LISTAXE MATERIAL CURSO 2020-21

Ola a todos/as! Benvidos ao inicio do curso 2020-21. Aquí vos queda a listaxe de material. Desexamos que todo vaia ben e vémonos axiña!

COUSIÑAS QUE FACER NAS VACACIÓNS !!

Ola famillias!!
 
Terminamos o curso e espérannos unhas longas e merecidas vacacións.
 
Agora podemos descansar e gozar coa piscina, a praia, a familia, os amigos,...
Con todo, aínda que nos gañamos este merecido descanso, o día é moi longo e podemos aproveitar para repasar un pouco todos os días, co fin de non esquecer o que con tanto esforzo aprendemos ao longo do curso.
Estas actividades son especialmente recomendables para aqueles que tivestes algunha dificultade durante o curso.
 
Vou dar unha serie de recomendacións co fin de que obteñades mellores resultados do voso traballo:
- Programa ben o teu tempo e procura facer todos os días algunhas actividades de Lingua e de Matemáticas.
- Que non che falten todos os días un par de problemas e unha lectura.
- Tenta facer as actividades á mesma hora e no mesmo lugar. Ensínalle aos teus pais o traballo realizado e pídelles que cho corrixan, non deixes que se amontoen exercicios sen corrixir.
- Non fagas soamente as actividades máis fáciles e que máis che gusten, tenta facelas todas, desta maneira conseguirás ter máis "frescos" todos os conceptos aprendidos durante o curso.
 
Propóñovos as seguintes tarefas para este verán:
• Non deixedes de ler: estaría xenial que durante o verán lerámos 3 ou 4 libros.
Ide o apartado de "Biblioteca" do centro, e ahí ides atopar algunhas recomendacións.
A maiores, vos deixo algunhas recomendacións miñas:
==> TEATRO: "Los chicos del barracón nº 2" de Luis Matilla.
==> POESIA: "A lo bestia" de Mar Benegas.
==> NARRATIVA: "Charlie y la fábrica de chocolate" de Roald Dalh
 • Estaría moi ben facer algún día algún ditado. Lembrade que temos moitas faltas de ortografía e temos que mellorar.
• Aquí tamén vos deixo uns pdf con exercicios de matemáticas e de lingua castelá para repasar e facer algún exercicio cada día.
E a tarefa máis importante e que non debedes de deixar de facer é pasárvolo moi ben, descansade e gozade da vosa familia.
 
Un bico moi, moi forte
 
Coral
 

FIN DE CURSO

Ola familias!!

Agora sí que si... Hoxe é o derradeiro día do curso. Un curso diferente e especial a vez. Se estivésemos na aula estaríamos de festa e por iso non poño tarefas xa que ainda que non o poidamos celebrar físicamente, faremos a nosa festa virtual as 11:30h.

Disfrutade moito no verán para volver con moitas ganas de traballar en setembro.

Antes de nada imos recordarvos unhas cousiñas moi importantes: 

- O venres 19 de xuño a partir das 2 da tarde publicaremos no abalar móbil as notas finais. Se alguén non pode entrar na aplicación podedes escribirnos ao correo sanxoseobreiro5ep@gmail.com e xa volas enviamos.

- Tamén o venres 19 de xuño é o último día para presentar na secretaría do Centro a solicitude de axuda de libros e material escolar. Para ter dereito a esta axuda tedes que devolver os libros que teñades deste curso o xoves 25 de xuño de 10 á 12 da mañá.

Os que teñades na casa libros da biblioteca, lembrade que tamén os tedes que devolver ese día.

- O luns 22 de xuño estarei no Centro de 09:30 á 13:00H para as familias que queirades unha titoría antes de que remate o curso, previa cita escribindo ao correo sanxoseobreiro5ep@gmail.com.

- Nos próximos días publicaremos no apartado de Biblioteca unhas recomendacións de lectura para o verán.

TAREFAS XOVES 18 DE XUÑO

Ola!!

Antes de nada, varios temas importantes:

1.- O venres ás 11:30 h facemos videoconferencia todos xuntos para despedir o curso.

2.- As notas publicaranse no Abalar o venres a última hora da mañá.

3.- O luns 22 en horario de 9:30 a 13:00 h, será o día de titoría para as familias. Aqueles/ as que queirades unha titoría debedes contactar comigo por medio do correo ou por skype, para indicarvos a hora.

4.- O día 25, en horario de 10:00 a 12:00 h, débense entregar os libros do segundo e terceiro trimestre. Igualmente, aquel alumnado que teña libros da biblioteca, tamén deberán levalos para entregalos.

 

Hoxe tedes que facer unha actividade interactiva moi doada que combina mates e lingua.

E tamén a outra actividade de Amanda de repaso das categorias gramaticais.

Lembrade!! Ainda queda xente que non entregou todas as tarefas pendentes!

TAREFAS MÉRCORES 17 DE XUÑO

Ola!!

hoxe tedes que facer esta actividade interactiva para repasar matemáticas.

Aquí vos deixo o video coa explicación e as soluccións ao repaso de lingua da actividade de Amanda de onte.

Tamén vos deixo a ficha para autoavaliar o voso traballo durante o curso. Unha vez que a teñades feita, ma enviades por skype ou por correo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut