EDIXGAL
Coa finalidade de facilitar a información sobre o Proxecto E-Dixgal elaborouse un espazo web informativo para o profesorado, o alumnado e as familias. O obxectivo é acceder a toda a información sobre o proxecto de dixitalización educativa en Galicia da maneira máis fácil para a comunidade educativa.
Nesta páxina aparece toda a información sobre o seguro opcional para o portátil no folleto informativo familias.
Para calquera dúbida ou suxestión, pode contactar co Servizo Premium a través das seguintes canles:
De xeito remoto a través dun canle telefónica durante as 24 horas do día, os 7 días da semana:
- A través do número de teléfono 881 86 99 00
- A través do correo electrónico soporte.premium@edu.xunta.gal
- A través do WhatsApp no número 604 06 78 56
- A través do Telegram na conta @Serviciopremiumedixgal
De xeito presencial, mediante técnicos que se desplazan ao centro educativo no que se produce a incidencia
De xeito presencial, mediante técnicos que se desplazan a ubicación concreta onde se atopa o equipo do alumnado, se fose preciso para a resolución da incidencia.
A través de puntos de atención espallados por todo a xeografía galega.