Skip to Content

5º Curso

TAREFAS MARTES 21 DE ABRIL

Bos días familias!!

Espero que sigades todos ben!!

A fin de semana xa recibín algunhas fotos e vídeos para subir á web. Ao longo desta semana xa as irei subindo para que descubrades as cualidades ocultas dalgúns dos nosos compis.

As tarefas para hoxe son as seguintes:

- MATEMÁTICAS= tedes un pouco esquecidas as sesións de smartick. Lémbrovos que quen poida acceder debe facer a sesión todos os dias. Páxina 23, ficha 4, exercicios 1, 2 e 3. -

- LINGUA GALEGA= Páxina 44 e 45. Lectura: Comprendo unha lenda e facemos exercicios do 1 ao 4.

- LINGUA CASTELÁ= Páxina 12 e 13. Lectura: O folleto, e exercicios do 1 ao 6.

- CIENCIAS SOCIAIS= Traballo para toda a semana.

Debedes realizar un traballo de investigación sobre unha das comunidades autónomas de España. Podedes elixir a que queirades. O traballo, quen o poida facer, que o faga no ordenador con power point ou co programa que queira, e os que non teñan ordenador para facelo, o facedes no caderno.

O traballo de investigación debe conter os seguintes puntos:

1- Extensión do territorio da comunidade autónoma elixida.

2- Provincias que a compoñen ou se é uniprovincial.

3- Capital

4- Bandeira

5- Escudo e significado

6- Principais monumentos

7- Gastronomía típica

Os que o fagades co ordenador, gardádelo nun documento e mo facedes chegar por correo.

Espero con impaciencia os vosos traballos!!

Para ver as solucións ás tarefas do luns picade sobre cada materia: mates, linguacastelá e lingua galega.

TAREFAS LUNS 20 DE ABRIL

Ola familias! 

Que tal a fin de semana? 

 

Queríavos comentar que o luns non podo facer sesión de skype.

As sesións que faremos serán mércores, xoves (para recuperar a do luns) e venres. 

Os grupos de traballo quedan así para esta semana: 

- GRUPO 1= Ás 10: Alejandro B, Alejandro A, Erik, Leo, Ari e Zaira. 

- GRUPO 2= Ás 11: 15- Martín M, Martín G, Sara, Pablo, Joel e Martina 

- GRUPO 3= Ás 12: 15- Hugo, Anxo, Ángela, Rodri, Danny e Bautista. 

 

Nas tarefas do venres houbo un erro: deixei as correccións das tarefas do venres no canto das do xoves, polo que hoxe, adxunto a do xoves que son as que faltan.(mates, lengua e lingua)

 

As tarefas para hoxe son:

- MATES= páx 22, ficha 3, exercicios do 1 ao 4. 

- LENGUA= páx 11, exercicios 3 e 4. 

- LINGUA GALEGA= páx 43, exercicios do 1 ao 4.

- PLÁSTICA= para traballar toda esta semana para telo feito para o xoves, débeis mirar o vídeo e investigar sobre o noso seguinte pintor:PIET MONDRIAN (copiade o enlace en google)

https://www.youtube.com/watch?v=sA77FzLEgQQ

Unha vez mirado o vídeo, debedes reproducir unha das súas obras para o xoves.

TAREFAS VENRES 17 ABRIL

Boas familias!
quérovos comentar varias cousas:
- algúns me dixestes que tivestes dificultades para descargar as correccións das tarefas do martes e do mércores. Cando non vos deixe acceder á ligazón das correccións, ir ao final da páxina a ADXUNTOS e picades e vaivos a despregar os documentos en pdf de cada un das ligazóns. Ao picar sobre eles xa vos vai a descargar as correciones.
- para aqueles que non tedes acceso aos libros dixitais de lingua, lingua e mates, onte xa deixei enlance sobre as materias para que ao picar sobre elas poidades descargar o pantallazo das páxinas das tarefas. Debedes darlle ao zoom para velas mellor e podedes descargalas e imprimilas.
 
Imos coas tarefas para hoxe:
- MATEMÁTICAS= páxina 21, exercicios 1, 2, 3 e 4.
- LENGUA CASTELLANA= páxina 10, exercicios 1 e 2.
- LINGUA GALEGA= páxina 42, exercicio 1.
- CIENCIAS NATURAIS= debedes ler as páxinas 60 e 61, e despois facer os exercicios 1, 2, 3 e 4 da páxina 61.
 
E aquí déixovos as correccións das tarefas de onte de lengua, lingua e mates.
 
Mañán a sesión de skype cos mesmos grupos e á mesma hora.
 
Un saúdo
 
Coral

 

QUE FACEMOS NA CASA?

Ola familias!

quero propoñervos que me enviedes as actividades que estades a facer cos pequenos da casa, para poder compartilas, se vos apetece, co resto de compis de clase.

Hoxe comparto foto de Martín García. En casa están a plantar en vasiños sementes de leitugas e tomates. Agora, a velos crecer!

Apetécevos?

Mandade fotos/videos de curta duración e os vou subindo a web.

TAREFAS XOVES 16 ABRIL

Boas familias!!

as sesións de skype foron moi proveitosas. O venres repetimos: mesmos grupos e mesma hora!!

Como xa vos comentei, a partir de hoxe, deixo as solucións ás tarefas para que corrixan as que non deu tempo a facer xuntos no skype.

Solucións tarefas martes: matemáticas, lengua e lingua I e lingua II

Solucións tarefas mércores: matemáticas, lengua e lingua

As tarefas para hoxe son as seguintes:

MATES=> Página 20, ejercicios del 1 al 4. Repasamos unidades decimales.

LENGUA CASTELLANA=> Página 9, ejercicios del 6 al 9. Seguimos con el uso de la y.

LINGUA GALEGA=> Páxina 41, exercicios 5, 6 e 7.

CIENCIAS NATURAIS=> Leemos as páxinas 58 e 59, e facemos os exercicios 1 e 2 da páxina 59.

De PLÁSTICA non deixo tarefa. O venres quero ver as vosas obras de arte de Kandinsky e Paul Klee. Se non as tedes feitas, xa podedes apurar!!

TAREFAS MÉRCORES 15 DE ABRIL

Boas familias!

Lembrade que hoxe temos as sesións de skype. Revisade o horario de cada un/unha.

A maiores: Bautista, Joel e Erik, tentarei agregaros ao skype das 12:00h. Intentar meter o correo no skype xa que de non ser así, non poderei contactar con vós.

As tarefas para hoxe son (dos libros dixitais):

- LENGUA CASTELLANA==> Página 8, ejercicios del 1 al 5. Repaso palabras terminadas en y.

- MATEMÁTICAS==> Página 34, ficha 4, ejercicios del 1 al 4. Repaso división entre la unidad seguida de ceros.

- LINGUA GALEGA==> Páxina 40, exercicios do 1 ao 4. Repaso palabras primitivas e derivadas.

- CIENCIAS SOCIAIS==> Hoxe imos ir ao apartado de MULTIMEDIA na unidade 2. Miramos a primeira imaxe e pinchamos sobre os símbolos que aparecen nas imaxes e vos sairá a que corresponde a cada debuxo.

A continuación imos ao apartado de MAPAS MENTAIS e intentamos crear un, cos conceptos que vimos na multimedia dos elementos climáticos.

Mirade isto e se hai dúbidas, o falamos no skype.

Tede as tarefas do martes preparadas porque son as que imos correxir.

Vémonos mañán!!

TAREFAS MARTES 14 DE ABRIL

Bo día familias! Agardo que todo continue ben durante estos días de corentena.

Ante as intruccións recibidas por parte da Consellería de Educación, durante os vindeiros días continuaremos a repasar os contidos traballados até agora. Quedamos pendentes de recibir nova información que vos será comunicada á maior brevidade posible.

 Déixovos por aquí as tarefas do martes.

 

MATEMÁTICAS==> página 33, ficha 3, ejercicios 1,2 y 3. Son ejercicios sobre la estimación que ya hemos visto en unidades anteriores.
Os dejo un enlace a un vídeo para recordar la estimación. Os la explica con la multiplicación de los decimales, pero nos sirve para hacer lo mismo con las sumas.
https://www.youtube.com/watch?v=0aghETrNSAA
 
LINGUA GALEGA==> seguimos a repasar o acento diacrítico. Páxina 38, exercicio 2 e páxina 39, exercicios 3,4 e 5.
 
LENGUA CASTELLANA==> Página 7, ejercicios 5,6,7 y 8 para repasar demostrativos y posesivos.
 
CIENCIAS SOCIAIS==> Leemos as páxinas 30 e 31, da unidade 2, e facemos os exercicios 1 e 2 da páxina 31.
Para poder acceder só tedes que poñer en google: Edelvives dixital. O noso usuario é: primaria5-6@sanxoseobreiro.es, e o contrasinal: edelvives.
 
Esta semana comenzamos coas sesións de skype máis reducidas para correxir os exercicios que vos deixo. A cita será o mércores.
Faremos tres grupos de traballo:
- PRIMEIRO GRUPO==> De 10 a 11:00h. Martín Mourelle, Hugo, Martín García, Alejandro B y Ari.
- SEGUNDO GRUPO==> De 11 a 12:00h. Martina, Alejandro A, Ángela, Anxo y Sara.
- TERCEIRO GRUPO==> De 12 a 13:00h. Leo, Rodri, Zaira, Pablo y Dani
 
Anotade todas as dúbidas!!
 
Saúdos!
 
Coral
 

PARA XOGAR NAS VACACIÓNS!

Boas familias!!

como estamos de vacacións, aínda que non da forma en que nos gustaría estar, déixovos un xogo de tabú sobre o coronavirus por se vos apetece xogar en familia.

Espero que vos guste!

Coral

VACACIÓNS SEMANA SANTA

Bos días familias!
 
onte fixemos a videoconferencia en skye, e aínda que ao principio foi un pouco de descontrol porque eramos moitos e todos querían falar, ao final conseguimos manter as quendas e puidemos comunicarnos.
Quedei moi contenta porque os puiden ver a todos e a todas fisicamente, e charlar un pouco con todos.
Espero que a eles/ as tamén lles gustara.
A idea é facer grupos máis pequenos e contactar dous-tres veces por semana.
Á volta de vacacións de Semana Santa, miraremos como organizalo.
Por petición popular, non vou poñer tarefas para vacacións. Que descansen e collan forzas para a volta.
 
Bicos
 
Coral

 

 

 

 

 

TAREFAS VENRES 3 DE ABRIL

Boas a todos e todas!!!

as tarefas para hoxe son:

- MATEMÁTICAS: sesión smartick e da páxina 32 a ficha 2. Deixovos un enlace para que repasedes como se facían as multiplicacións de números decimáis.

- LINGUA GALEGA: páxina 37, ex 5 e 6, e da páxina 38 o exercicio 1.

- LENGUA CASTELLANA: página 6, ejercicios 1,2,3 y 4.

- CIENCIAS NATURAIS: repasamos as páxinas 56 e 57, e facemos os exercicios 1,2,3 e 4

 

Lembrade!! Ás 11:00 todos no skype esperando que vos chame!

Distribuir contido


by Dr. Radut