Skip to Content

TAREFAS VENRES 15 DE MAIO

Boas familias!!
Por fin é venres!!
As tarefas para hoxe son:
LINGUA GALEGA⇒ Aquí déixovos unha ligazón para o xogo de Carvalho Calero que vos comentei onte. Escribimos as preguntas e respostas correctas no caderno, poñendo por título: Vida e obras de Ricardo Carvalho Calero.
Enviádesme unha foto e de entre todas as que me enviedes ata o sábado, tendo en conta a mellor letra, presentación e orixinalidade, será a que colgarei na web xunto cos debuxos.
Espero que vos guste!!
En skype deixei video coa explicación dos modos dos verbos.
MATEMÁTICAS⇒ páx 46, exercicios 1, 2 e 3. Unidades de capacidade.
Déixovos un xogo con probas para traballar as distintas unidades de medida que vimos esta semana.
Tédesme que enviar os resultados de todas as probas.
Quen consiga atopar o tesouro, terá unha sorpresa no seu correo.
Ánimo!!
LINGUA CASTELÁ⇒ páx 48, exercicios 1, 2, 3 e 4: palabras con z ou d ao final.
Déixovos vídeo coa regra ortográfica en skype.
SOCIAIS⇒ lemos a páxina 65 do libro.
Nela explica a relación entre poboación e traballo e os tres sectores de traballo que hai. En función do que lestes, e tendo en conta a situación de pandemia e o estado de alarma que vivimos, nun primeiro momento houbo unha serie de actividades que se consideraron esenciais e que non pararon de traballar. Podedes indicar algunha desas actividades e relacionalas cos sectores de produción?
Explicar o motivo polo que ditas actividades consideráronse imprescindibles.
Tamén deixei explicación nun video no skype.
 
Os exercicios de mates, corrixímolos na sesión de skype. Para o resto, picade sobre a materia: lingua castelá e lingua galega.

 

AdxuntoTamaño
solucionario lengua tercer trimestre-7.pdf82.01 KB
464427_Soluc Cuad Lingua 5-3 SH-7.pdf76.45 KB


page | by Dr. Radut