Skip to Content

XOGAMOS?

Ola a todos e todas!!
 
aquí déixovos o reto desta semana. PDF CON INSTRUCCIÓNS
Esta vez debédelo facer en grupos. Organizarvos como queirades.
Con este reto imos desenvolver o pensamento lóxico.
Trátase de facer xogos con escarvadentes, que consisten en resolver enigmas feitos con escarvadentes ou mistos ou outro material pero ten que medir o mesmo.
No pdf que vos achego, indícanvos como formar os números con escarvadentes e diferentes formas xeométricas.
Unha vez que practiquedes elaborando os números e as formas, tedes que facer os retos, os cales consisten en buscar outros resultados movendo os escarvadentes.
Por exemplo: se temos o 6 e movemos un só escarvadentes de posición, conseguimos formar o 0.
E o mesmo para as figuras xeométricas.
 
Ánimo e demostrade o voso enxeño!!
 
IMPORTANTE!! Segundo vaiades resolvendo os retos, facede foto de cada un para logo enviarme as fotos cos resultados de todos os retos.

 

AdxuntoTamaño
BdT-Retos-con-palillos-min-1-5-2-5.pdf239.44 KB


page | by Dr. Radut