Skip to Content

TAREFAS MÉRCORES 13 DE MAIO

Ola!!

 

Antes de nada, volvo deixar as ligazóns aos cadernos de actividades:

MATEMÁTICAS==>

https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202015253_U32_U1_U101_U2

LINGUA GALEGA==> https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=2020252537_U32_U1_U101_U2

LINGUA CASTELÁ==> https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202025253_U32_U1_U101_U2

CIENCIAS SOCIAIS E CIENCIAS NATURAIS==> Para poder acceder só tedes que poñer en google: Edelvives dixital. 

O noso usuario é: primaria5-6@ sanxoseobreiro.es, e o contrasinal: edelvives. 

 

As tarefas para hoxe son as seguintes: 

- MATEMÁTICAS==> imos ver na sesión a escaleira das medidas de capacidade, polo que hai que facer da páx 45, os exercicios 1, 2 ,3 e 4. 

Antes de facer os exercicios, buscar por casa 5 obxectos que poidades medir coas medidas de lonxitude e 5 produtos nos que se utilicen as medidas de capacidade.

Facedes unha táboa poñendo nome do obxecto e medidas. 

- LINGUA CASTELÁ==> avanzamos co verbo. 

Déixovos un vídeo onde se explica o que son as formas persoais e non persoais. 

Despois facedes da páx 46, os exercicios 1, 2, 3 e 4. 

- LINGUA GALEGA==> os que temos o libro en papel, imos á páx 150 e repasamos tempo e modo dos tempos verbais. Imos explicar en clase.

Do caderno de actividades, facemos os exercicios 1 e 2 da páx 62. 

- NATURAIS==> lemos a páx 65 do libro e facemos esquema da clasificación dos vertebrados, seguindo o modelo que vos deixei no grupo de skype. 

 

Para corrixir as tarefas pendentes de matemáticas do luns, deixeivos 3 vídeos explicativos no skype. Para o resto, picade sobre as materias: mates, lingua castelá e lingua galega.

AdxuntoTamaño
solucionario matematicas tercer trimestre-4.pdf66.33 KB
corrección tareas martes 12 05 2020.pdf539.25 KB
solucionario lengua tercer trimestre-4.pdf198.51 KB
solucionario lengua tercer trimestre-5.pdf54.37 KB
464427_Soluc Cuad Lingua 5-3 SH-4.pdf94.48 KB
464427_Soluc Cuad Lingua 5-3 SH-5.pdf97.22 KB


page | by Dr. Radut