Skip to Content

6º Primaria

Visita de Anxo Fariña

O luns, 13 de febreiro, os alumnos e alumnas de 6º recibimos no noso centro a visita de Anxo Fariña, autor e ilustrador de "" A chave da Atlántida", un dos libros de lectura propostos para este curso. Se queredes coñecer os detalles tedes que visitar a nosa Revista Dixital SPV (menú da esquerda).

Excursión museo Luis Seoane

O martes, 20 de decembro de 2011, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria visitamos o Museo Luis Seoane e realizamos unhas actividades relacionadas cunha exposición escultórica.

EXPERIMENTO EN 6º B

Os alumnos e alumnas de 6º B construiron unha pila na aula, o experimento foi moi interesante e, sobre todo, moi asequible xa que eles mesmos o levaron a cabo.

Aquí vos relatamos en fotografías o experimento:






6º B "CELEBRAMOS RECORDANDO"

 


 

Os alumnos e alumnas de 6º B celebraron o Día Universal do Neno facendo entre todos un mural na clase de Educación para a Cidadanía.

SECCIÓN BILINGÜE

      SECCIÓN BILINGÜE


Este ano comezamos en 6º A e 6º B unha nova experiencia: As clases de Plástica vanse impartir en inglés. A xustificación deste proxecto ven dada polo interés crecente da nosa sociedade no dominio dese idioma. Esta hora máis en inglés completará a formación dos nosos alumnos e alumnas e posibilitará que o seu cambio ao instituto sexa menos traumático porque, como xa sabedes, o IES Rafael Dieste ten ensinanza plurilingüe. Esperamos que sexa unha experiencia positiva e que se poda ampliar a outros cursos en anos vindeiros.


                                                                                              

A aula de Toquemeroque

Os nenos e nenas de 6º deixáronnos coma regalo de despedida esta obriña de teatro.GRAZAS

GRADUACIÓN DOS NENOS E NENAS DE 6º

OS NOSOS ALUMNOS DE 6º RECIBIRON OS SEUS DIPLOMAS NUN EMOTIVO ACTO DE DESPEDIDA DO QUE FOI O SEU COLEXIO NESTES ANOS.

DENDE O CEIP "SAN PEDRO DE VISMA" DESEXÁMOSVOS BOA SORTE NA VOSA PRÓXIMA ANDAINA NO INSTITUTO.

DIPLOMA DE CIUDADANÍA

OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º DE PRIMARIA RECIBIRON O DIPLOMA CIVICO CONCEDIDO POLO CONCELLO DA CORUÑA POLO SEU TRABALLO E COMPROMISO NO DESENVOLVEMENTO DO PACTO CÍVICO DA CORUÑA DESENROLADO NA ASIGNATURA DE CIUDADANÍA.


O MELLOR DÍA DE 6º

EXCURSIÓN  A  MUROS


O luns 6 de Xuño saímos os alumnos e alumnas de 6º de excursión fin de curso.


Fomos a Muros. Saímos do cole ás 9 da mañá e íamos un pouco dormidos.



Chegamos a Muros e fomos visitar un Muíño moi interesante:


 



Paseamos polo pobo.



 E ó final fixo bo tempo para ir á praia:




FOI  O  NOSO  MELLOR  DÍA

Obradoiro de cerámica no centro

A ceramista pareceunos unha boa.


A ceramista enseñounos que estamos rodeados de cerámica.


Aunque á ceramista lle pasou o tempo, foi moi divertido.

Distribuir contido


by Dr. Radut