O 20 de febreiro os nenos/as do terceiro ciclo do colexio San Pedro de Visma visitamos o museo MUNCYT. Cando chegamos atendéronnos unhas amables monitoras, que nos dividiron en dous grupos.
Leváronnos por un corredor , no que había multitude de exposicións, pero o que destacaba eran unhas cadeas colgadas do teito. Vimos robots que parecían do século XXV, un taller de chapuzas para desmontar e montar cousas, centos de martelos diferentes, unha máquina de vapor, unha roda xigante, unha cámara de cine como as de antes... e moitos obxectos antigos que nos encantaron.
Pero o que máis nos asombrou foi montar nunha parte dun avión real. Para rematar, vimos unha exposición sobre a evolución das maquinas de escribir comparándoa coa evolución dos ósos dos seres vivos e deixáronnos escribir nunhas máquinas. Logo xa regresamos ao colexio.
Todo o mundo o pasou xenial!