Skip to Content

6º Primaria

COMEZAMOS A AVENTURA!

O alumnado de 5º e 6º de primaria comeza o curso cunha gran cantidade de propostas para colaborar nos recreos escolares: dinamización de patio, radio, encargado ou encargada de material, árbitraxe, ecovoluntariado.

Os mestres e mestras encargados de organizar estas actividades están coordinados e garanten que o alumnado realice aquelas actividades que prefira.

A vosa colaboración é moi importante para que se leven a cabo esas propostas e tamén vos aporta novos coñecementos e habilidades.

Boa sorte na vosa aventura!

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

OS NOSOS ALUMNOS DE 6º CURSO FIXERON ESTE ANO A EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO A MANZANEDA. DESEXAMOSLLES QUE RECORDEN DE MANEIRA ESPECIAL ESE FERMOSO MOMENTO.

para acceder á galería de fotos preme AQUÍ

PLANTAMOS LEITUGAS

 

Despois de un duro traballo para levar adiante as nosas leitugas: sementalas, escollelas... Conseguimos plantalas na horta do centro. Unha lección de supervivencia que os nosos alumnos e alumnas disfrutaron.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FOMOS ESPECTADORES DO BALLET "EL QUIJOTE"

 

O día 6 de abril, os alumnos e alumnas de 6º,  acudimos como espectadores ao "Palacio da Ópera" para ver o ballet "Don Quijote". Un espectáculo cheo de sensibilidade.

 

CLAUSURA DA ACTIVIDADE "O LÍMITE DA CIDADE"

 

 O día 5 de abril, os alumnos e alumnas de 6º clausuraron a actividade realizada na antiga aldea de San Pedro de Visma coa colaboración da Universidade da Coruña (Facultade de Arquitectura) e a biblioteca Ágora. A actividade leva como título "O límite da cidade" e pódese ver a exposición da mesma na biblioteca Ágora.

Nesta clausura participou Xurxo Souto que, coma sempre, abre o noso mundo a aspectos da cidade que non son tan coñecidos. A costa da Coruña xa case non ten segredos para nós. Grazas Xurxo, eres unha" forsa" da natureza.

Teclea nesta páxina e poderás acceder as conclusións sobre esta actividade: https://olimitedacidade.wordpress.com/   

 (máis fotos)

 

COLABORACIÓN CO ÁGORA E CA UDC

 

 

Os alumnos e alumnas de 6º A e B participaron nunha actividade proposta pola Facultade de Arquitectura da UDC e a biblioteca Ágora. A actividade estaba centrada no estudo da infuenza das actividades humanas no urbanismo. Foi unha mañá moi productiva estudando e experimentando o urbanismo do noso entorno: San Pedro de Visma.

ANIVERSARIO DE SAMUEL- 6º A DE PRIMARIA

Os alumnos e alumnas de 6º A desfrutaron ca piñata de golosinas do aniversario do seu compañeiro Samuel Wesley.

VISITA AO MUSEO DE BELAS ARTES

 

6º A e 6º B realizou a súa saída pola cidade ao Museo de Belas Artes. As actividades propostas deron como resultado a creación da nosa propia sala. Este é o traballo  de  un dos grupos participantes.

XORNADAS DE DEPORTE INCLUSIVO

 

Alumnos e alumnas de 6º A e 6º B participando nunhas Xornadas de Deporte Inclusivo.  Estas xornadas destacan a importancia do deporte para acadar logros persoais e autoestima.

PROXECTO QUIMIONS CORUÑA

 

6º A E 6º B PARTICIPAN NO PROXECTO SOLIDARIO QUIMIONS

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut