Skip to Content

COMEZAMOS A AVENTURA!

O alumnado de 5º e 6º de primaria comeza o curso cunha gran cantidade de propostas para colaborar nos recreos escolares: dinamización de patio, radio, encargado ou encargada de material, árbitraxe, ecovoluntariado.

Os mestres e mestras encargados de organizar estas actividades están coordinados e garanten que o alumnado realice aquelas actividades que prefira.

A vosa colaboración é moi importante para que se leven a cabo esas propostas e tamén vos aporta novos coñecementos e habilidades.

Boa sorte na vosa aventura!



blog | by Dr. Radut