Os alumnos e alumnas de 6º realizaron un curso de primeiros auxilios que complementa o realizado en 5º curso. Como vedes participaron activa e gustosamente na reanimación dos bonecos.
O noso tema era "A evolución do agro", reflexamos as técnicas de cultivo dende a prehistoria, pasando polos romanos, a agricultura medieval e a moderna. Moitas grazas a todos pola entusiasta participación.
Este é o froito do noso traballo, un repolo, que é un alimento moi sano. Os alumnos e alumnas seguen así todo o proceso de produción desta verdura que despois poderán degustar na súa casa.