Skip to Content

6º Primaria

O TRASNO

TRASNO:

Un trasno é unha criatura mitolóxica, unha especie de Demo invisible, propio da tradición popular galega. Tamén se lle chama Diaño, entendido como ente distinto do Demo e nunca tan maligno coma este. Adoita ser de hábitos nocturnos e serve para explicar feitos de causa aparentemente descoñecida, sobre todo sucesos accidentais que comportan un dano pouco grave. Así, o Trasno trama para facer que se rompa a louza, que se perdan as chaves, que caia un valado, que se líen as madeixas cas que se está tecendo...

 

Pero o Trasno tamén pode andar detrás dunha persoa e seguila a todas partes. As veces toma forma animal (como un cabalo, un can abandonado, etc)

 

Dacordo coa cultura popular, hai unha maneira moi eficaz para librarse do Trasno. Temos que deixarlle un plato, ou mellor, ciscado no chan, unha boa presa de lentellas, fabas, grans de millo ou algo parecido. Como o Trasno non sabe contar máis de cen, cando chega a esta cifra ten que empezar de novo, e así mantense ocupado sen que continúe facendo das súas.

 

 

Cando unha vez topeime cun trasno..

 

NARRADOR 1: Hoxe vouvos contar unha historia... un pouco de medo, un pouco de risa. Vos sabedes o que é un trasno?

Un trasno é un ser que non se deixa ver, non é invisible, non. E que non quere que o vexamos para rirse de nós.

E, como se ri de nós? Mirade:

ESCENA 1

Un neno/a está sentado facendo os deberes na casa e escoita un ruido. Achégase á ventá e mentres un trasno sae da oscuridade e faille un borranchón na libreta.

Cando volve a sentarse aparece a nai, mira a libreta e pónse a berrar con el.

 

NARRADOR 2: Podémonos rir destas pequenas trasnadas pero o que as sofre non o ve tan divertido. Verdade?

 

ESCENA 2

Un neno/a está facendo un xogo con moitas pezas (puzzle), alguén o chama e aparece o trasno. Leva dúas pezas e, cando o neno quere completar o xogo busca por todas partes e non ás atopa. Mentres o trasno, nunha esquina escura xoga a tirar e recuperar as pezas.

 

NARRADOR 1: Bueno, vale, non son grandes problemas os que nos dá o Trasno. Pero ten unha cousa un pouco peor. O Trasno é moi teimudo, cando empeza a molestar a alguén non cambia de persoa, ségueo a todas partes, moitas veces convertido en animal e non para de molestar.

 

NARRADOR 2: Chega un momento que esa persoa colle fama de torpe ou "desastre" e non se pode desfacer dela.

Cando iso ocorre o mellor é falar coa xente que sabe moitas cousas, xente que

xa viviu moito: avós, avoas, veciños ou amigos que xa son vellos...

NENO/A (3): Todos din que nada me sae ben pero eu sei que hai algo ou alguén que fai todo o posible para molestarme. Ti que pensas avó?

AVÓ: Non sei pequeno, déixame pensar. Cando eu era neno tamén me pasou iso unha temporada e o noso veciño Antón contoume unha historia de trasnos.

NENO: Avó, que son trasnos?

AVÓ: Os trasnos son uns seres xoguetóns que so queren fastidiarnos facendo trasnadas.

NENO: Ti pensas que iso é o que me pasa a min?

AVÓ: Eu creo que si, que o que tes ti é un Trasno.

NENO: E ti como te libraches del, avó?

AVO: (Falando baixiño) Hai unha maneira pero non cha podo contar aquí.

NARRADOR 1: (diante da escena) Como sabedes o Trasno nunca deixa á súa vítima soa, para poder falar sen que se dea conta hai que buscar un lugar pequeno e moi iluminado para que o Trasno non se poda esconder en ningún recuncho escuro. O avó levou o neto ata a despensa e alí encerrouse con el.

 

AVÓ: Conta unha lenda que os trasnos non saben contar máis alá de cen, se espallas polo chan algo como lentellas, arroz ou garabanzos o Trasno non pode resistirse a contar o que cae e como non pode contar máis alá de cen, cada vez que falla volve a empezar e falla e volve a empezar e así entretense tanto que xa non se acorde de volver onda ti .

NARRADOR 2: O rapaz rápidamente puso en práctica o consello do seu avó e agora el anda contento e feliz pola vida. O Trasno? Mirade o que lle pasou.

 

ESCENA 3: Vese ao Trasno sentado no chan conta que te conta garabanzos, equivocándose e volvendo a empezar unha e outra vez.

 

ANIVERSARIO E BOA COMIDA

 
María fixo anos o venres 19 de outubro. Todos estaban esperando os bolos preñados e as filloas.

UN RECORDO PARA MARISOL

O noso recordo para Marisol. Pásao moi ben!

Debuxo elaborado por Noa Lage García.

TRABALLAMOS CON ORDENADORES

 
O centro desenvolve o proxecto ABALAR en 5º e 6º de Primaria, un paso na formación dos nosos alumnos e alumnas que non lles costa moito dar. O seu rendemento e adaptación é moi satisfactorio.
ordenadores

CHARLA SOBRE VALORES AMBIENTAIS

 
Os rapaces e rapazas  do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e de Divulgación Ambiental de Galicia) explicaronnos na clase moitos aspectos dos ecosistemas da nosa costa máis próxima, a costa ártabra, que comprende as rías de Ferrol, Ares, Betanzos e Ría da Coruña. Esta actividade leva como título Un mar de vida.
 


AXUDAMOS A PLANTAR

 
Hoxe fixemos unha tarefa que nos encanta, axudamos aos nenos e nenas de 4º de infantil a plantar repolos e brécol. Todos xuntos na horta, unha boa experiencia.

DÍA DAS AVES 2018

 
 
O venres, 5 de outubro, celebramos o día das aves cunha excursión ao Parque de Bens. Alí colocamos diferentes niños de paxaros e pasamos unha mañá aprendendo moitas cousas sobre eles.

UNHA SORPRENDENTE OBRA DE TEATRO

O día 4 de outubro asistimos no noso centro a unha sorprendente obra de teatro titulada BOAS NOITES, se tendes ocasións ide a vela. Está moi adaptada a rapaces e rapazas de primaria. Mestura personaxes da tradición galega coa vida actual dos nosos nenos e nenas.

COMEZAMOS A PLANTAR

Como vedes polas fotos comezamos a nosa plantación, o primeiro que imos plantar é brécol, repolo corazón e lombarda. Os rapaces e rapazas de 5º A e 5º B participaron encantados.

Proxectos 5ºA Terceiro trimestre

Distribuir contido


by Dr. Radut