Miriam Ríos Barreiro é a capitá do Deportivo da Coruña. Unha futbolista que viviu todas as caras do fútbol. De pelexar case toda a súa carreira pola permanencia para ser un dos alicerces dun proxecto ambicioso que busca o ascenso á 1ª división. Leva case unha década ao máximo nivel, mesmo para superar unha lesión de xeonllo que puxo en perigo a súa carreira deportiva e levouna a reconverterse de dianteira a central. “Chorei moito as dúas tempadas que estiven sen poder xogar, pero ao final a ilusión e o amor por este deporte pódeno todo”, conta a Dixital Football Community.
Hoxe día da muller traballadora, fíxonos un oco na súa apertada axenda e regalounos a súa sabedoría e entusiasmo. Falándonos desde a súa experiencia sobre un mundo no que todavía non se alcanzou a igualdade entre homes e mulleres. Pero como ela dixo: "é responsabilidade das seguintes xeracións conseguila".