O pasado venres, 15 de marzo, o alumnado de 5º de primaria fomos ver unha obra de teatro representada no Forum Metropolitano. A obra titulada: "Patapatúm", é unha reflexión sobre o tempo, a crianza e como enchemos os baleiros das nosas ausencias.
Este é un espectáculo de teatro visual sen palabras e cunha banda sonora inspirada no universo dixieland. Tamén inclúe a máscara e o xogo físico.