CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma
Un grupo de alumnos e alumnas de 5º atrevéronse a facer esta obra de teatro en inglés que gustou moito aos pequenos do cole.
Aquí vedes outro exemplo de MUS-E AUDIOVISUAIS, grandes profesionais realizándose entrevistas uns aos outros. Ao final fixeron unha actividade conxunta onde representaban o animal que quererían ser.
Como se viu en artigos anteriores, o noso traballo na horta deu os seus froitos e agora podemos desfrutar dunhas magníficas leitugas. Bo proveito!