Skip to Content

6º Primaria

CHARLA CO AUTOR DE "PALABRAS DE CARAMELO"

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria tiveron a oportunidade de coñecer e charlar co autor do libro de lectura que traballaron nas aulas durante o 1º trimestre. Gonzalo Moure falou sobre a súa experiencia persoal no Sahara, que o levou a escribir este libro. Os alumnos e alumnas participaron activamente na charla interesándose polo contexto e as circunstancias nas que se desenvolveu a súa obra.

Grazas, Gonzalo. A túa visita sempre é moi interesante.

FELICITACIÓN DE 5º B

FOTOS DAS DIFERENTES ACTIVIDADES DO TRIMESTRE (5º B)

 

 

 

 

ACTIVIDADES OUTUBRO 2016

A Merenda Terrorífica é unha das actividades máis saborosas deste tempo. Grazas ás familias pola colaboración.

 

Visionamos unha representación sobre o millo e participamos nunha actividade relacionada con este alimento: Debullar o millo.

Contamos un conto. Actividade do Samaín

 

 

Os alumnos e alumnas de 5º B visionamos unha película feita por nenos e nenas e despois fómola contar a 2º B. Máis tarde 2º A veunos contar o que entenderan da mesma película que lles contara 5º A. Foi unha actividade moi divertida e proveitosa. A película, por suposto, daba un pouco de medo e titulábase "A Maldición do Samaín".

PLANTAMOS NA NOSA NOVA HORTA

 

 

Como vedes estamos convertíndonos en expertos labradores, este outono plantamos repolos e allos porros nunha nova horta moito máis extensa. Os ecovoluntarios (alumnos e alumnas interesados na ecoloxía e que axudan no recreo nestas tarefas) acudiron a unha reunión para saber como facer estas plantacións e despois... Mans a obra! Este inverno comemos repolo!

 

 Xa vos iremos dando novas desta actividade

Distribuir contido


by Dr. Radut