Skip to Content

blogue deadmin

Listaxe provisional fondolibros e vales de material

Adxunto a esta publicación atópanse as listaxes provisionais, as cales tamén están expostas no taboeiro de anuncios do centro. 

Tedes agora dous días de prazo (luns e martes) para facer alegacións, antes de que saia a listaxe definitiva o mércores 6 de xullo. 

Un saúdo. 

 

PRAZOS FONDOLIBROS E AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Fondo Libros

Publicación listaxe provisional: 1 xullo (no taboeiro de anuncios do centro)

Reclamacións a listaxe provisional: 4 e 5 de xullo

Publicación listaxe definitiva:  6 xullo (no taboeiro de anuncios do centro)

Entrega de libros do fondo:  A primeira semana lectiva de setembro

 

Axudas libros e material

Entrega de vales de libros de texto e material: 6 e 7 de xullo de 10:00 a 13:30 (as familias que non recollan o vale nestas datas terán que esperar ata setembro para recollelo).

 

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou certificado dixital.

 

SOLICITUDES DE COMEDOR CURSO 2022/2023

Bo día, 

Adxunto a esta publicación déixovos a solicitude que deberedes presentar cuberta no centro educativo para solicitar a vosa praza de comedor no vindeiro curso. 

A maiores, disporedes da mesma para recollela de xeito físico no centro. Podedes vir a buscala en horario de mañá os seguintes días: 

- Xoves 30.

- Luns 4, martes 5 e mércores 6 de xullo. 

Un saúdo. 

Jonathan. 

ACTO DE GRADUACIÓN

Hoxe, día 22, celebramos o acto de graduación no cole da nena de 6º de Educación Infantil e dos nenos de 6º de Educación Primaria.

Queremos mostrarvos unhas cantas imaxes das emocións vividas nese momento e desexarvos a todos moito éxito nas futuras etapas.

Noraboa!

TALLER XEOLÓXICO

Hoxe, continuando coas actividades da semana dos Xeoparques, realizamos un taller xeolóxico no centro sobre o Sistema Solar.

A verdade que foi unha actividade  moi amena e interesante!

MENÚ DO MES DE XUÑO

Deixámosvos o menú do mes de xuño.

Bo proveito!

II ENCONTRO XEOPÍCAROS

O Xeoparque Montañas do Courel está a celebrar a Semana dos Xeoparques.

Hoxe convidáronnos,  xuntos co resto de centros educativos da comarca que integra o Xeoparque, ó II Encontro de Xeopícaros.

O encontro tivo lugar na igrexa da Ermida (Quiroga), onde nos falaron da importancia xeolóxica e arqueolóxica do emprazamento así como da historia e tradición das emblemáticas figuras do Meco e as Pampórnigas. De seguido, fixemos unha ruta de sendeirismo ata a ponte de Villaverde.

Adxuntamos algunha imaxe deste marabilloso encontro.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Infórmase da publicación no Diario Oficial de Galicia do día 18 de maio de 2022, a Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e material escolar, destinada ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en  centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2022-23.

ORDE DO 29 DE ABRIL

Prazo de presentación de solicitudes: do 19 de maio ao 22 de xuño.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria.   

 

  AXUDAS PARA ADQUISICION DE LIBROS DE TEXTO

 Alumnado matriculado en 1º, 2º de educación primaria e en educación especial; así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional 1º (discapacidade maior ou igual 65%) e na disposición adicional 2º (necesidades específicas de apoio educativo – NEAE).

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

Alumnado de todos os cursos de educación primaria.

 

DOCUMENTACIÓN

 

- Solicitude de participación (Anexo I)

- Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar)

- Copia do libro de familia ou documento equivalente.

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador.

As solicitudes pódense tramitar preferiblemente por vía electrónica, nos formularios normalizados (ED330B anexos I e II) nos seguintes enlaces:

- Na aplicación  da Consellería de Educación FONDOLIBROS 

 

- Na sede electrónica da Xunta de Galicia

 

ou de forma presencial na SECRETARÍA do centro onde estén admitidos para o curso 2022-2023, presentando os seguintes impresos, que tamén estarán a disposición no centro:

Anexo I: 

 

Anexo II

 

Letras Galegas 2022

Onte (17 de maio) celebrouse o día das Letras Galegas, adicadas este ano a Florencio Delgado Gurriarán. No cole realizamos diferentes actividades para conmemorar esta data.

Adxunto vos mostramos algunhas imaxes.

Horto escolar

Os alumnos de 6º de EP continuaron traballando no noso horto.

Aquí vos deixamos unha mostra das tarefas realizadas.

Distribuir contido


by Dr. Radut