Skip to Content

blogue deadmin

MENÚ DE NOVEMBRO

Aquí dexámosvos o menú do mes de Novembro.

 

Que aproveite a todos e a todas!

Acrosport 3º e 4º

Aproveitando que os nenos e nenas de 3º e 4º están a traballar o equilibrio nas sesións de Educación Física, intentamos poñer en práctica as nosas habilidades cunhas posturas de Acrosport. 

Deixámosvos algunha imaxe para que poidades ver o noso progreso. 

Un saúdo. 

Visita a Marcelle

O martes pasado, día 11 de Outubro, fixemos unha vista a parque natural de Marcelle, onde os nosos nenos e nenas puideron ver e aprender sobre as diferentes especies que alí residen. Os monitores que nos guiaron contáronnos datos moi interesantes sobre cada animal, como por exemplo o tipo de alimentación ou as historias que tiñan detras dos mesmo.

Foi un día moi divertido onde disfrutamos á par que aprendemos!

Deixámosvos unhas imaxes 

Vales adicionais de material

Estimadas familias: 

Veñen de aprobar unha ampliación da axuda para a adquisición de material escolar, establecendo que os que fosen beneficiarios do vale de material de 50 euros, recibirán un adicional de 25 euros máis. 

A partires do día de hoxe, poderedes pasar a recollelo.

Un saúdo. 

Concurso de Samaín

Bos días familias! Achegámosvos o terrorífico cartel que fixemos para o noso concurso de Samaín. Como xa sabedes, este ano decidimos optar pola creación dunhas terroríficas e arrepiantes casiñas. No cartel tedes toda a información!

 

Un arrepiante saúdo!

Menú mes de Outubro

Boas familias! Aquí deixámosvos o menú deste mes.

 Bo proveito! 

Plan Dixital de Centro

   

COMEZO DO CURSO

Estimadas familias:

Como xa anticipamos onte co menú, as vacacións están a rematar e o curso a comezar. O Xoves día 8 de setembro volvemos ás aulas no horario de sempre, dende ás 9:45 h ata ás 15:10 h (aqueles que queden a comedor).

Estos últimos anos por mor da COVID 19 tiñamos unha serie de restriccións que se verán modificadas este ano voltando á normalidade. Non haberá distancia interpersoal, os grupos de convivencia poderán interacuar entre eles e máscara seguirá sendo obrigatoria no transporte escolar.

Un saúdo.

MENÚ DO MES DE SETEMBRO

Boas a todos e a todas, feliz volta á escola. Para levalo dunha mellor maneria deixámosvos o menú do mes de setembro. 

Bo proveito!

LISTAXE DEFINITIVA FONDOLIBROS

Estimadas familias, 

Xa está publicada a listaxe definitiva coa relación de alumnos/as e libros que lle corresponden do fondo libros. Dita listaxe está dispoñible adxunta a esta publicación ademais de no taboeiro de anuncios do centro. 

Do mesmo xeito, poderedes recoller hoxe e mañá xoves (en horario de 9:30 a 13:30) os vales de material e libros. De non facelo agora, entregaránse en setembro. 

Un saúdo. 

Distribuir contido


by Dr. Radut