ADMISIÓN DE ALUMNOS PARA O CURSO 2019-2020: RESERVA DE PRAZA NO INSTITUTO.

Segundo se contempla na Orde de 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos,  artigo 10.2 o alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe o modelo normalizado que se publica como anexo I” (formulario normalizado ED550A)

Tamén se poderá cumprimentar a reserva través da aplicación admisionalumnado: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/  que deberán entregar posteriormente na Secretaría deste centro.

A reserva tamén se poderá formalizar na Sede Electrónica con certificado dixital ou a Chave365: https://sede.xunta.gal/portada e neste caso xa non é preciso a entrega en papel na Secretaría do centro.

Aquelas familias do alumnado de 6º curso de Educación Primaria que desexen efectuar a reserva de praza para o vindeiro curso no IES Isaac Díaz Pardo de Sada deberán formalizar a reserva de praza . O prazo de presentación da reserva de praza será do 1 ao 15 de febreiro.

A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

Campaña contra a violencia de xénero: Quen dixo medo?

O xoves 17 de xaneiro os alumnos/as de 6º de E.I. tiveron a visita dunha contacontos da campaña Quen dixo medo?, que nos veu ler o conto: " Te quiero (casi siempre)" e realizar un obradoiro no que fixemos un monicreque das personaxes deste libro. Foi unha actividade moi enriquecedora e divertida! Grazas! 

Clica na foto para ver as imaxes da actividade.

Un Nadal de cine

Clica na imaxe para ver as fotos do Nadal

Recollida solidaria de xoguetes e alimentos

Como ven sendo tradicional no noso colexio polo Nadal fixemos unha recollida solidaria de xoguetes e alimentos. Toda a comunidade educativa se volcou doando xoguetes e alimentos para persoas que nestas datas precisan da solidariedade de todos nós.

As entidades que recolleron os xoguetes e alimentos foron a Cruz Vermella e Cáritas de Sada. Os representantes destas asociacións pediron que se trasladara o agradecemento a todos os que contribuíron a esta recollida solidaria.

Concentración contra a violencia de xénero

Hoxe 20 de decembro fixemos unha concentración no patio do colexio en contra da violencia de xénero. Queremos denunciar calquera forma de violencia e mostrar o noso rexeitamento ao asasinato de Laura Luelmo.

Felicitación de Nadal

Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º cursos de Primaria queren felicitarnos o Nadal coa interpretación de varios temas musicais: Son do ar, Titanic e Livin' on a prayer.



Nadal 2018

O venres, día 21, rematan as clases do primeiro trimestre do actual curso. Ese día terá lugar a tradicional Festa do Nadal no colexio.

Ás 10 desprazarémonos á Casa da Cultura onde a compañía de teatro de títeres Falcatrúa representará a obra “Linocho e a Lúa“. A representación está subvencionada polo centro.

A media mañá terán lugar as festas nas aulas, para as que se pide a colaboración das familias aportando unha pequena cantidade de alimentos propios destas datas. A Asociación de Nais e Pais As Mariñas colabora aportando as bebidas.

Ás 12,30 está prevista a chegada dos Reis Magos de Oriente ao Colexio onde saudarán aos alumnos. 

Recollida solidaria de xoguetes e de alimentos

O Claustro de Profesores e a Asociación de Nais e Pais As Mariñas promoven dúas recollidas solidarias. 

En colaboración coa Cruz Vermella os días 17 luns e 18 martes poderanse depositar xoguetes en bo estado na entrada do centro.

A recollida solidaria de alimentos irá destinada a asociacións sen ánimo de lucro de Sada. Pídese a colaboración das familias achegando alimentos non perecedoiros que se depositarán na entrada do centro os días 19 e 20 de decembro.

Festa de Nadal da Asociación de Nais e Pais

A Asociación de Nais e Pais As Mariñas organiza a tradicional Festa de Nadal o sábado 15 de decembro no pavillón de deportes municipal de 17:00 a 20:00 horas con hinchables, Cars, DJ, Pintacaras, merenda e sorteo de regalos. Donativo 1 €.

Está previsto repartir os calendarios de 2019 na vindeira semana.

Vacacións de Nadal

Despois do período de vacacións de Nadal as clases reiniciaranse o martes 8 de xaneiro.

Bo Nadal

O claustro de profesores, o persoal, a dirección do centro e a Asociación de Nais e Pais As Mariñas queren transmitir a todas as familias o desexo dunhas felices festas e Aninovo 2019.

              

Pecha a porta á violencia. Ti es a chave.

Celebramos o Día internacional contra violencia de xénero baixo o lema: "Pecha a porta á violencia. Ti es chave".

Para conmemorar esta data ambientamos o colexio para concienciarnos e concienciar deste grave problema que debemos erradicar da nosa sociedade. Todos nós somos a chave que debemos pechar a porta á violencia de xénero. Para rematar as actividades xuntámonos no patio e Lucas, de 6º de Primaria, leeunos un texto que escribiu contra a violencia e cantamos todos xuntos a canción "La puerta violeta".

Clica na imaxe para ver as fotos.

 

 

Videos Fin de Curso 2017-2018

Aínda que tardaron un pouco, temos os vídeos do Festival Fin de Curso e da Graduación da Promoción 2009-2018.

Agradecemos á Concellería de Educación do Concello de Sada a colaboración prestada na elaboración dos dous vídeos.

Subvención do Concello de Sada

O Concello de Sada subvenciona con 3.000 € os gastos de transporte das saídas escolares, de reprografía e de adquisición de material diverso.

Convenio de colaboración entre o Concello  de Sada e o CEIP Sada y sus Contornos, para financiar saídas escolares, reprografía e material de oficina e escolar diverso segundo subvención nominativa prevista nas Bases de execución do orzamento municipal para 2018.

Durante o ano 2018, os gastos de transporte ocasionados polas saídas escolares realizadas así como a reprografía e adquisición de diverso material escolar e de oficina, foron subvencionados polo Concello de Sada cunha axuda de 3.000 €.

O que se informa para o xeral coñecemento da Comunidade Educativa en cumprimento da cláusula QUINTA do Convenio de colaboración.

Distribuir contido