ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

O Consello Escolar é o máximo órgano de participación do Centro. Del forman parte representantes dos distintos sectores da comunidade educativa. Pola importancia que ten o Consello Escolar na vida do Centro anímase a todas as nais e pais a participar neste proceso electoral.

Durante o mes de novembro do presente curso procederase á renovación de 3 representantes das nais e pais e 2 do profesorado no Consello Escolar do centro. 

A Xunta Electoral, reunida o 6 de novembro, acordou establecer o seguinte calendario electoral:

DO 8 AO 14 DE NOVEMBRO (ámbolos dous inclusive)

-Exposición dos censos electorais de nais e pais e do profesorado. Durante este período poderanse presentar reclamacións aos mesmos. Os censos estarán expostos no taboleiro de anuncios da entrada do centro e na sala de profesores respectivamente.

Impreso para presentar relamacións ao censo.

-Prazo de presentación de candidaturas ao Consello Escolar. O prazo remata o día 14 ás 14 horas.

Impreso para presentación de candidatura.

Son electores e elixibles todos os membros da comunidade escolar. Para a presentación da candidatura e reclamacións ao censo farase un escrito dirixido ao director do centro. Quen o desexe ten modelos á súa disposición na conserxería ou pode descargalos da web do centro.

19 DE NOVEMBRO

Reunión da Xunta Electoral na que se procederá a:

-Admisión das candidaturas, aprobación definitiva de censos electorais, aprobación de modelos de papeletas e sobres.

-Publicación de candidaturas.

-Publicación definitiva do censo electoral.

-Sorteo público, ás 11,45 horas na entrada do centro (Aula 1.6) para a designación dos integrantes mesa electoral para a votación das nais e pais

27 DE NOVEMBRO

Votacións. 

Magosto, Samaín e Halloween 2018

Un Magosto, Samaín e Halloween "terrorífico" e cheo de cabazas, disfraces e castañas.

Para ver as fotos da actividade clica nas imaxes.

 

Samaín de cine

Celebramaos un Samaín de cine. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo da Biblioteca organizan a proxección de varios curtametraxes "de medo".

Para ver as fotos da actividade clica na imaxe.

 

Entrega de carnés e diplomas TEI

Os nenos e nenas de 5º curso de Primaria remataron a súa formación como titores TEI. Como recoñecemento ao seu esforzo e interese recibiron o diploma e carné TEI. O acto de entrega tivo lugar no patio e ao mesmo asistiron o Alcalde de Sada, Benito Portela, e a Concelleira de Educación en funcións, María Pardo, que felicitaron e animaron aos novos titores. 

Os nenos e nenas de 6º, que foron titores o curso pasado, entregaron una carta a cada compañeiro de 5º con recomendacións e consellos para o reto ao que se enfrontarán.

 

Nesta escola...

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DA ANPA 2018-2019 E AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN DO CONCELLO DE SADA

Oferta de actividades extraescolares da Asociación de Nais e Pais para o curso 2018-2019 e boletín de inscrición:

Educación Infantil.

Educación Primaria.

 

Convocatoria de axudas económicas ás familias para atender aos gastos do comezo do curso escolar da Concellería de Educación do Concello de Sada.

Enlace á web municipal onde se atopa a información da convocatoria 

 

 

INICIO DO CURSO 2018 2019

As clases inicianse o mércores 12 de setembro ás 9 horas. Ese mesmo día tamén está previsto que empece a funcionar o servizo de comedor escolar.

Horario de secretaría: De luns a venres de 9 a 9:45 horas.

O mércores,  5 de setembro ás 10:00 horas está convocada unha reunión coas familias dos alumnos de 4º curso de Educación Infantil (3 anos) Lembrar traer cuberto o álbum do verán.

 

RESOLUCIÓN DEFINITIVA FONDOLIBROS. FORMULARIO PARA SOLICITUDE BANCO DE LIBROS DA ANPA

Xa se pode consultar a Resolución definitiva de Fondolibros:

FONDOLIBROS - LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS.

FONDOLIBROS - LISTAXE DEFINITIVA DE EXCLUIDOS.

 

BANCO DE LIBROS DA ANPA

Unha vez que comproben a lista de Fondolibros, cada familia poderá solicitar a ANPA os libros que necesite para os cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, a través do seguinte formulario:

FORMULARIO DE SOLICITUDE DO BANCO DE LIBROS DA ASOCICIÓN DE NAIS E PAIS.

*Lembren que en 3º e 4º de Primaria non se utiliza libro de Lingua Galega.

Os libros entregaranse ao inicio do próximo curso.

LISTADO DE LIBROS PARA O PRÓXIMO CURSO

COMEDOR ESCOLAR 2018-2019. RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE ADMITIDOS

Resolución definitiva de admitidos no servizo de comedor para o curso 2018-2019.

Publícase a Resolución definitiva de alumnado admitido como usuario de comedor para o curso 2018-2019. Os interesados poderán presentar recurso de alzada contra a presente Resolución ante a Xefatura Territorial nun prazo dun mes a partir da publicación da mesma.

Sada a 6 de xullo de 2018.

 

Resolución provisional de admitidos no servizo de comedor para o curso 2018-2019.

Os interesados poderán presentar reclamacións contra a presente Resolución ante o Consello Escolar nun prazo de cinco días a partir da publicación da mesma.

Sada a 28 de xuño de 2018.

RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE FONDOLIBROS PARA O CURSO 2018-2019

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS FONDOLIBROS

LISTAXE PROVISIONAL DE EXCLUIDOS FONDOLIBROS

Prazo de reclamacións: 2 días desde a publicación das listaxes.

Sada a 29 de xuño de 2018

IMPORTANTE: Na Resolución provisional adxudícanse os libros existentes no centro, recollidos aos alumnos que recibiron axudas en cursos anteriores.

Aos alumnos e alumnas que aparecen sen libros, ou que non reciben o total que lles corresponden, procederase a adxudicarlles libros na Resolución definitiva. O número de exemplares que se adxudicarán dependerá da renda familiar.

Cando se publique a resolución definitiva tamén se habilitará o acceso a un formulario para solicitar libros de texto do Banco de Libros da ANPA a aquelas familias que non reciben libros do Fondolibros da Consellería ou que non lles concederon todos os que necesitan.

Distribuir contido