Subvención do Concello de Sada
Enviado por admin o Sáb, 16/11/2019 - 19:18O Concello de Sada subvenciona con 3.000 € os gastos de transporte das saídas escolares, de reprografía e de adquisición de material diverso.
Convenio de colaboración entre o Concello de Sada e o CEIP Sada y sus Contornos, para financiar saídas escolares, reprografía e material de oficina e escolar diverso segundo subvención nominativa prevista nas Bases de execución do orzamento municipal para 2019.
Durante o ano 2019, os gastos de transporte ocasionados polas saídas escolares realizadas así como a reprografía e adquisición de diverso material escolar e de oficina, foron subvencionados polo Concello de Sada cunha axuda de 3.000 €.
O que se informa para o xeral coñecemento da Comunidade Educativa en cumprimento da cláusula QUINTA do Convenio de colaboración.
Magosto, Samaín e Halloween
Enviado por admin o Mér, 30/10/2019 - 15:50COMEDOR ESCOLAR 19-20 : RELACIÓN DE ALUMNADO ADMITIDO
Enviado por admin o Sáb, 26/10/2019 - 12:48O Concello de Sada rematado o prazo de presentación de solicitudes para a utilización do servizo de comedor escolar para o curso 2019-2020 informou da admisión do seguinte alumnado:
Relación de admitidos no servizo de comedor escolar para o curso 2019-2020
PROXECTO MIS+: VISITA DE AMNISTÍA INTERNACIONAL AO CENTRO
Enviado por admin o Ven, 18/10/2019 - 23:29Para comezar o proxecto MIS+ (Máis que un museo da Igualdade en Sada y sus Contornos) recibimos a visita de Andrea e Margarita, dúas representantes de Amnistía Internacional coas que realizamos un taller de prevención e internalización da problemática de xénero. O obxectivo era fomentar o pensamento crítico, a reflexión sobre os seus propios valores e actitudes e, en definitiva, que a modificación de a súa conduta sexa de utilidade para previr os abusos contra os dereitos humanos, combater a discriminación, promover a igualdade e fomentar a participación desde temperá idade, con actos pequenos e cotiáns cara a unha sociedade máis xusta. Prestando especial atención a:
•Discriminación e violencia contra as mulleres.
•Estereotipos; orixes da discriminación.
O tratamento transversal desta problemática, ten como meta que o alumnado comprenda e asuma como natural, a través da propia práctica, que a igualdade de xénero é un dereito humano, comprometéndose na súa consecución.
Aquí podedes ver algunhas das imaxes deste día.
5º e 6º de EP 3º e 4º de EP EI, 1º e 2º de EP
AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN DO CONCELLO DE SADA E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DA ANPA 2019-2020
Enviado por admin o Mér, 02/10/2019 - 10:05Convocatoria de axudas económicas ás familias para atender aos gastos do comezo do curso escolar da Concellería de Educación do Concello de Sada.
Enlace á web municipal onde se atopa a información da convocatoria.
As actividades extraescolares comezaron no día de onte. Lémbrase ás familias que hai prazas dispoñibles.
Oferta de actividades extraescolares da Asociación de Nais e Pais para o curso 2019-2020 e boletín de inscrición:
AXUDA PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO CURSO 2019-2020
Enviado por admin o Ven, 06/09/2019 - 10:25O alumnado con necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conduta e alumnado con necesidades específicas de apoio educativo asociadas a altas capacidades intelectuais poderán ser beneficiarios de dita axuda.
Para acceder ao texto completo da convocatoria pinchar aquí.
As solicitudes deberán cumprimentarse mediante o formulario accesible por internet na dirección http://www.educacionyfp.gob.es ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación y Formación Profesional na dirección https://sede.educacion.gob.es.
O prazo de presentación de solicitudes será ata o 26 de setembro de 2019, inclusive.
Para máis información sobre o procedemento para a súa solicitude pinchar aquí.
INICIO DO CURSO 2019 2020
Enviado por admin o Lun, 02/09/2019 - 08:53As clases inicianse o mércores 11 de setembro ás 9 horas.
Horario de secretaría: De luns a venres de 9 a 9:45 horas.
O xoves, 5 de setembro ás 12:00 horas está convocada unha reunión coas familias dos alumnos de 4º curso de Educación Infantil (3 anos). Lembrar traer cuberto o álbum do verán.
COMEDOR ESCOLAR: NOTA INFORMATIVA E FORMULARIO PRE-SOLICITUDE
Enviado por admin o Xov, 29/08/2019 - 17:12Durante estes meses o Concello realizou os trámites pertinentes para a posta en marcha do comedor escolar para o curso 2019/2020.
Nestes momentos falta a aprobación por parte do Consello da Xunta, que en principio será o vindeiro 5 de setembro. En canto o trámite burocrático e administrativo estea solucionado, iniciarase o proceso de admisión de usuarios que realizará o Concello para comezar co servizo pero, dados estes prazos, ata ou inicio de outubro non será posible.
De todos os xeitos, adiantamos que o custo aproximado do mesmo sería duns 3,5 euros por día, sempre que o comedor conte cun mínimo de 45 usuarios/as. O Concello de Sada garante a prestación do servizo de comedor aos usuarios interesados cun máximo de 50 prazas.
Coa fin de ter unha estimación dos usuarios deste servizo é necesario cubrir o seguinte formulario de pre-solicitude:
Formulario pre-solicitude comedor
Miguel Gayoso será o pregoeiro das Festas de Sada
Enviado por admin o Dom, 11/08/2019 - 12:19O pregón das festas de San Roque de Sada deste ano será realizado polo que foi director do noso colexio ata o mes de xuño, Miguel Gayoso Barreiro.
A súa elección é un recoñecemento ao compromiso, ao labor realizado e á pegada que deixa no noso colexio despois de 22 anos, 17 deles como director.
Queremos convidar a todos os membros da nosa comunidade educativa a compartir e participar deste feliz acontecemento que terá lugar o xoves 15 de agosto ás 21:00 nos xardíns do paseo marítimo (detrás da Terraza).
Un saúdo e felices festas.
RESOLUCIÓN DEFINITIVA FONDOLIBROS. FORMULARIO PARA SOLICITUDE BANCO DE LIBROS DA ANPA
Enviado por admin o Ven, 05/07/2019 - 20:48Xa se pode consultar a Resolución definitiva de Fondolibros:
FONDOLIBROS - LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS.
FONDOLIBROS - LISTAXE DEFINITIVA DE EXCLUIDOS.
BANCO DE LIBROS DA ANPA
Unha vez que comproben a lista de Fondolibros, cada familia poderá solicitar a ANPA os libros que necesite para os cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, a través do seguinte formulario:
FORMULARIO DE SOLICITUDE DO BANCO DE LIBROS DA ASOCICIÓN DE NAIS E PAIS.
*Lembren que en 3º e 4º de Primaria non se utiliza libro de Lingua Galega.
Os libros entregaranse ao inicio do próximo curso.
LISTADO DE LIBROS PARA O PRÓXIMO CURSO
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- …
- seguinte ›
- última »