CRECENDO XUNTOS, APRENDENDO PARA SEMPRE
OBRA DE TEATRO PINCONÚS
Enviado por admin o Ven, 13/10/2023 - 11:20O venres día 13 ás 15:00 horas asistimos ao Centro Sociocultural do noso Concello para ver a comedia musical Pinconús. Unha obra para o público familiar, dirixida por José Campanari e con música de Piti Sanz. A entrada foi de balde e aberta a toda a comunidade educativa.
Rímonos moito!
Actividade organizada pola ANPA do CEIP Rosalía de Castro.
TEMOS NOVAS PITAS NO COLE. (28 - 09 - 2023).
Enviado por Noelia o Dom, 08/10/2023 - 12:37O xoves 28 de setembro, viñeron dúas novas pitas ao cole. Son dúas poliñas novas ás que aínda non lles puxemos nome.
A pesar de que o primeiro encontro coas outras pitas e o galo foi algo brusco, pouco a pouco estanse aclimatando e comezan a sentirse máis integradas no galiñeiro.
Moitas grazas a Yolanda, nai de Theo por este fermoso agasallo!
MANUAL DE USO ABALARMÓBIL
Enviado por admin o Mar, 19/09/2023 - 13:33
O próximo día 5 de outubro sobre as 15:15 ata as 16.15 horas teremos un obradoiro no centro aberto a aquelas familias que teñan dúbidas sobre a instalación e uso da aplicación. Non vos preocupedes se non podedes asistir, na dirección do centro podedes solicitar axuda cando precisedes.
TODA A DOCUMENTACIÓN E AVISOS DO CENTRO SERÁN ENVIADOS VÍA ABALARMÓBIL.
INICIO DE CURSO 2023/2024
Enviado por admin o Mér, 06/09/2023 - 15:19
Recordade que o horario do noso centro en setembro e xuño é o seguinte:
-Horario do alumnado: de 10.00 h a 14.35 h.
-Horario do alumnado usuario de comedor: de 10.00 h a 15.05 h
O servizo de transporte e comedor escolar funcionará con normalidade dende o primeiro día.
Segundo a Orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. O calendario escolar para o presente curso é o seguinte:
Nos próximos días publicaremos as datas das reunións de principio de curso dos respectivxs titorxs de cada grupo.
ESTADE ATENTOS Á WEB!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »