Blogues

Actividades de CIENCIAS DA NATUREZA 3º e 4º para a semana do 20 a 24 de abril de 2020

A NUTRICIÓN

Esta semana imos repasar  A NUTRICIÓN

 

Comeza visionando o vídeo 

 

 

Logo realiza as actividades que están no FICHEIRO ADXUNTO.

 

Se contas con impresora, podes imprimir as actividades, se non é así non te preocupes vai copiándoas e unha vez que teñas rematado pídelle axuda a un adulto para que as envíen por correo electrónico a fbouso@edu.xunta.gal

 

LEMBRA QUE PARA REALIZAR AS ACTIVIDADES PODES CONSULTAR TÓDOLOS MEDIOS QUE ESTEAN AO TEU ALCANCE: libros, internet...

Retos para a fin de semana 5º e 6º

Hola chicas.
Aquí os dejo el pdf con los retos a conseguir durante este fin de semana. 
El lunes los vemos entre todas. 
Un saludo enorme y buen fin de semana.

Acitividades Ciencias 5º e 6º de Primaria

Ciencias para 5º e 6º curso de primaria

Proxecto social:    “Somos iguais”

ProxectoFomentar e favorecer a igualdade entre os sexos, tanto de trato coma de oportunidades, preparando o alumnado para a convivencia nunha sociedade libre, respectuosa e tolerante.

Facer un caderno persoal cada alumno.

O primeiro de todo faremos unha portada para o voso caderno persoal, con follas do arquivador (valen as que tedes para traballar ) poñendo na portada :

Proxecto en casa:
“Somos Iguais”
Nome do alumno/a:

Situación inicial: 

Situacións  de desigualdade entre sexos na sociedade actual en varios ámbitos.

*Lectura e visionado de artigos, anuncios, publicidade… sobre o tema a tratar. Pdf.
Posta en común entre todas.  https://www.youtube.com/watch?v=2d7K7nP-2Ro (igualdad de género)

*Contesta  as seguintes preguntas noutra folla  cuadriculada  que se incorporará no voso caderno persoal.

1.      Na casa, fan o mesmo traballo os homes e as mulleres?
2.      No mundo laboral, cres que os homes e as mulleres teñen os mesmos traballos?
3.      Cres que cobran o mesmo?

 
*Podedes facer fotos na casa facendo as tarefas da casa e logo as podedes mandar ao meu correo.

*Unha vez rematedes de contestar esas preguntas vemos a noticia que vos mando en pdf (fichas igualdade: ficha 1 e 2) podes imprimir as dúas fichas ou copiar as preguntas na folla de antes e logo completar as preguntas.  Se precisas máis follas enumera cada unha para seguir unha orde. (Recorda poñer as preguntas nun color e a resposta noutro (azul e negro por exemplo).

Actividades Inglés Primeiro e Segundo de Primaria

En ficheiro adxunto (PDF) dispoñedes dunhas actividades de Inglés para o alumnado de Primeiro e Segundo de Primaria.

Actividades 5º e 6º de PRIMARIA 15/04/2020

Buenos días de nuevo.
El trabajo de hoy:
Clases por videollamada a la hora de siempre.
Además de las cosas que se trabajaron hoy os mando en pdf (mirar en ficheiros adxuntos) la ficha de operaciones para repasar.
Tenéis tiempo de hacerlas. 
Un saludo grande de vuestra profe Iria.

 

LINGUA GALEGA

Ordenación alfabética de palabras.

Palabras agudas, graves e esdrúxulas.

Acentuación.

Os prefixos.

Os sufixos.

Ditado:

Hai moitos anos, nas montañas onde adoita nevar, contruíanse pozos en que se acumulaban a neve e o xeo das nevadas: eras as neveiras. Despois duns cantos días nevarentos, os neveiros subían deica a montaña e reocollían a neve para vendela. Por iso se alegraban tanto os días que neviscaba!

O predicado nominal. O atributo. Prácticas de mecanografía:

 

O predicado verbal e os complementos.

Ortografía: a coma e os dous puntos.

Ordenación alfabética de palabras.

 

Chuvia de palabras. Substantivos.

 

 

 

 

Actividades de Relixión para a semanan do 14 ao 17 de abril PRIMARIA

Quedan en FICHEIROS ADXUNTOS as actividades de RELIXIÓN  para todos os cursos de PRIMARIA.

A casa de Melodía MÚSICA INFANTIL, 1º e 2º de Primaria

Ola, amiguiños e amiguiñas.

 

A miña amiga Melodía mandoume unha fotografía da súa casa, NON A SACOU ELA, pedíulle á veciña que a retratara porque, como sabedes, neste tempo non debemos saír do noso fogar ou, se temos que saír ten que ser unicamente por un motivo moi xustificado.

 

A innstantánea está tomada ás oito da tarde, a hora na que os fillos de Melodía se asoman á venta para aplaudirlles aos sanitarios e sanitarias, policías e a todos/as os/as profesionais que estes días seguen a traballar para coidarnos.

 

Como podedes ver, no fogar de Melodía están moi organizados, tanto é así que cada un/unha asómase sempre á mesma fiestra.

Mirade ben e localizádeos/as:

                               Simón parece que xa ten sono.

                           Lara hoxe viste de...

                       Sol está entre Fátima e...

                                               E a tima?

                              Viches a Migueliño?

                            E Rebequiña?

Onde está Dorotea?

 

Axiña heivos facer unha visita virtual á vosa casa e imos aprender uns/unhas e lembrar outros/as a cación da CASA DE MELODÍA. Que vos parece?

 

Entre tanto, se vos apetece, podedes copiar a fotografía da CASA DE MELODÍA nun papel e decorala á vosa maneira.

 

Sabedes que me gustaría moito?

O que me gustaría moito é que se vos animades a debuxar a CASA DE MELODÍA lle pidades ao voso pai ou á vosa nai ou tía que lle saque unha fotografía ao voso debuxo e que ma envíe por WhastApp, eles/as xa saben o meu número.

 

Máis emocionante aínda sería que fixérades un collage con cousiñas que teñades pola casa: recortes de revistas, anacos de cartolina, plastelina, pasta... o que se vos ocorra.

DEIXADE VOAR A VOSA IMAXINACIÓN, SEGURO QUE SEREDES MOI CREATIVOS/AS.

Cando teña as fotografías dos vosos traballos e aprendamos a canción, habemos facer un vídeo con todo ese material para compartir con todos e todas e ter de recordo destes días tan diferentes.

Esta actidade vai dirixida especialmente para as miñas amigas e os meus amigos de INFANTIL  e PRIMEIRO-SEGUNDO de PRIMARIA, pero se alguén máis se anima a participar tamén se incluirán os seus traballos no vídeo. Animádevos!

 

MANDALAS PARA SEMANA SANTA

Viernes 3 de abril
Buenos días a todas y todos. Como bien sabéis, comienza la Semana Santa, y para quien le interese os mando unas mandalas para entreteneros lo máximo posible.
Nos vemos a la vuelta de Semana Santa.
Muchos ánimos.
Un abrazo grande para todos y todas de vuestra profesora Iria.

Cando pase todo isto, a que lugar de Bóveda queres ir?

 

 

O CEIP Rosalía de Castro ten unha proposta que facervos en colaboración co Concello de Bóveda.

 

 

Cando pase todo isto a que lugar de Bóveda queres ir?

 

 

Facede o debuxo dese lugar e enviádenolo por correo electrónico:

ceip.rosalia.boveda@edu.xunta.gal

Tedes de prazo ata o 14 de abril.

O Concello de Bóveda encargarase de publicar cada un dos vosos debuxos nas súas redes sociais, Facebook e Instagram.

O debuxo debe conter ese lugar de BÓVEDA ao que queredes ir e o voso nome e idade nalgún estremo da páxina. Podedes enviarnos a foto só do debuxo ou vosa co debuxo, o que prefirades.

Todos os traballos van ter premio, unha excursión fascinante a aula da natureza dos Trollos onde teredes a oportunidade, só por participar, de plantar a vosa propia árbore.

Será un día de festa para todos e todas os que vos animedes a participar.

Agardamos os vosos debuxos!!!

Distribuir contido