"I eres a estrela que brila, i eres o vento que zoa. Si cantan, es ti que cantas..." Rosalía de Castro
Acitividades Ciencias 5º e 6º de Primaria
Ciencias para 5º e 6º curso de primaria
Proxecto social: “Somos iguais”
Proxecto: Fomentar e favorecer a igualdade entre os sexos, tanto de trato coma de oportunidades, preparando o alumnado para a convivencia nunha sociedade libre, respectuosa e tolerante.
Facer un caderno persoal cada alumno.
O primeiro de todo faremos unha portada para o voso caderno persoal, con follas do arquivador (valen as que tedes para traballar ) poñendo na portada :
“Somos Iguais”
Nome do alumno/a:
Situación inicial:
Situacións de desigualdade entre sexos na sociedade actual en varios ámbitos.
*Lectura e visionado de artigos, anuncios, publicidade… sobre o tema a tratar. Pdf.
Posta en común entre todas. https://www.youtube.com/watch?v=2d7K7nP-2Ro (igualdad de género)
*Contesta as seguintes preguntas noutra folla cuadriculada que se incorporará no voso caderno persoal.
1. Na casa, fan o mesmo traballo os homes e as mulleres?
2. No mundo laboral, cres que os homes e as mulleres teñen os mesmos traballos?
3. Cres que cobran o mesmo?
*Podedes facer fotos na casa facendo as tarefas da casa e logo as podedes mandar ao meu correo.
*Unha vez rematedes de contestar esas preguntas vemos a noticia que vos mando en pdf (fichas igualdade: ficha 1 e 2) podes imprimir as dúas fichas ou copiar as preguntas na folla de antes e logo completar as preguntas. Se precisas máis follas enumera cada unha para seguir unha orde. (Recorda poñer as preguntas nun color e a resposta noutro (azul e negro por exemplo).
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Catálogos de xoguetes, artigos....pdf | 410.52 KB |
Fichas igualdade, ficha 1, ficha 2..pdf | 334.35 KB |