CRECENDO XUNTOS, APRENDENDO PARA SEMPRE
Blogues
OBRADOIRO DE GRAFITI CO ALUMNADO DE 3º, 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA. (16 - 06 - 2022).
Enviado por Noelia o Xov, 16/06/2022 - 19:10Aínda que os ovos que puxemos na incubadora decidiron non nacer, nós non deixaremos de intentalo para o curso que vén.
Mentres tanto seguimos a preparar o espazo para as nosas futuras pitas.
Hoxe, organizado pola A.N.P.A., o alumnado máis grande do centro asistiu a un obradoiro de "grafiti" a cargo de Rubén de "Trecetrazos" no que decoraron a parede do noso galiñeiro.
Quedouvos de marabilla!!
OBRADOIRO DE PINTURA CO ALUMNADO DE INFANTIL, PRIMEIRO E SEGUNDO DE PRIMARIA. (16 - 06 - 2022).
Enviado por Noelia o Xov, 16/06/2022 - 19:02As nenas e os nenos de 3 a 8 anos do noso cole, asistiron a un obradoiro de pintura a cargo de Ana e Alba, onde traballaron coas cores primarias e realizaron diferentes deseños con mesturas de cores e formas.
Moitas grazas a A.N.P.A. por agasallarnos con esta actividade!
NACERON AS BOLBORETAS NO COLE. (PAPILIO MACHAON) 13 - 06 - 2022.
Enviado por Noelia o Mar, 14/06/2022 - 07:41Hai varias semanas que dúas eirugas de "Papilio Machaon" (unha das variedades de bolboreta máis grandes que existen nestas latitudes) viñeron a visitarnos á escola. Estivemos coidando delas, alimentándoas e observando como realizaban a súa transformación en crisálida.
Despois desta fin de semana atopámonos coa sorpresa de que xa naceran.
Levámolas por todas as aulas do colexio e saimos ao patio todos e todas para poñelas en liberdade e devolvelas á natureza.
Ata pronto bolboretiñas!!!
COLLEITA DE CHÍCHAROS NO HORTO ESCOLAR (9 - 6 - 2022).
Enviado por Noelia o Xov, 09/06/2022 - 21:06O alumnado de Infantil, primeiro e segundo de Primaria foi ao horto a recoller os chícharos.
En primeiro lugar houbo que sacar todas as plantas, despois escollemos as vaíñas e por último bullamos a colleita para levarlle á nosa cociñeira Silvia.
Estamos desexando probalos!
A nosa renovada biblioteca escolar
Enviado por Bouso o Mér, 08/06/2022 - 09:16
A NOSA RENOVADA BIBLIOTECA ESCOLAR
De onde vimos?
No verán de 2020 acometéronse importantes obras de reforma no noso centro. En relación á biblioteca uníronse dúas aulas, cambiáronse as ventás e púxose un chan de tarima. Mercáronse novos estantes, un mesado para colocar os ordenadores e comezou o proceso colocación do mobiliario e traslado de fondos tras un primeiro expurgo dos mesmos.
Como é a nosa biblioteca?
Situada no primeiro andar do edificio principal, conta cunha superficie de 100 m2 onde se atopan diferentes espazos dedicados á consulta e lectura equipados con mobiliario cómodo e versátil que permite a realización de diferentes actividades (contacontos, lectura individual e lecturas compartidas, asembleas...). Contamos cun mesado longo para 10 ordenadores con conexión a internet e outros dous portátiles, ademais de 4 tablets. Dispoñemos dun recanto creativo onde dispoñemos de zona de construcións con legos, zona sensorial con mesa de luz e múltiples xogos para desenvolver capacidades lóxicas e creativas.
Que servizos ten a nosa biblioteca?
Cara onde imos?
A nosa biblioteca está en proceso de continuo cambio e adaptación. No actual curso 2021 – 2022 entramos a formar parte do PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares). Constituíuse un equipo de biblioteca estable que constituíu un grupo de traballo para a mellora da nosa biblioteca.Grazas ao PLAMBE contamos cunha importante dotación orzamentaria que nos permitiu unha renovación e actualización de fondos e outros recursos así como comezar o proceso de renovación do mobiliario e redistribución dos espazos.
Queremos seguir con esta liña de traballo para o vindeiro curso:
- Continuar adaptando os espazos ás características e necesidades do alumnado tendo en conta os seus intereses, ideas e suxestións.
- Seguir apoiando e promovendo o desenvolvemento de proxectos no centro.
- Conformar un calendario de actividades periódicas de animación á lectura e conmemoracións.
- Seguir a promover a implicación de toda a comunidade educativa no proceso de ensino – aprendizaxe a través das actividades da biblioteca; especialmente das familias.
- Continuar traballando en coordinación coa Biblioteca Municipal implicando ademais a outros axentes sociais como asociacións, residencia Domus VI e o propio Concello. |
|
"TOUPICIENCIA SHOW" NA BIBLIOTECA ESCOLAR. (3 - 6 - 2022).
Enviado por Noelia o Ven, 03/06/2022 - 20:41Mañá de Ciencia na nosa biblioteca por xentileza do Consorcio Editorial Galego!
As nenas e os nenos de Infantil, 1º e 2º de Primaria asistiron hoxe ao espectáculo "Toupiciencia Show" na biblioteca escolar.
A toupiña científica xunto con Petronio, o seu axudante, achegaron a Ciencia aos nosos nenos e nenas dun xeito moi divertido.
Pasámolo de marabilla cos seus experimentos!
Moitas grazas por agasallarnos con esta actividade!
A GARDA CIVIL VISITA O NOSO COLE. (2 - 6 - 2022).
Enviado por Noelia o Xov, 02/06/2022 - 21:46O alumnado de 5º e 6º de Primaria recibiu unha charla sobre o acoso escolar, enmarcada dentro do "Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos centros educativos e a súa Contorna" " que, nas zonas rurais, desenvolve a Garda Civil.
Na aula de Infantil tiveron a visita de David (o pai de Anxo e David) quen veu co seu compañeiro a explicarnos en que consiste o seu traballo. Responderon a todas as súas preguntas e foron da man dos máis pequeniños coñecer a horta e o galiñeiro.
Tamén viñeron axentes do SEPRONA e todas as nenas e nenos do colexio puideron baixar a ver os diferentes vehículos oficiais que nos amosaron así como o seu equipamento.
Moitas grazas por vir vernos e ensinarnos tantas cousas!
VISITAMOS A BIBLIOTECA MUNICIPAL (Semana do 23 ao 27 de maio).
Enviado por Noelia o Ven, 27/05/2022 - 20:48Ao longo desta semana todos os nenos e todas as nenas do noso centro, acompañados das súas titoras, pasaron pola biblioteca municipal para renovar os carnés e, nalgún caso, facelos por primeira vez.
Recibiunos e explicounos o funcionamento da biblioteca Miriam quen nos preparou diversos obradoiros relacionados coa figura de Florencio Delgado Gurriarán.
Moitas grazas por convidarnos e por prepararnos todas esas actividades tan divertidas!!
A A.N.P.A. CONTRIBÚE Á TRANSFORMACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR MERCANDO UNHA ESTUPENDA MESA DE LUZ PARA O RECANTO CREATIVO.
Enviado por Noelia o Ven, 27/05/2022 - 20:36Hoxe estivemos marabillados estrenando a nosa nova mesa de luz. A asociación de nais e pais do colexio fixéronnos este fermoso agasallo que, ademáis de ser un fantástico recurso pedagóxico é moi divertido. Moitas grazas!!
AS EXCURSIÓNS RELACIONADAS CO PROXECTO "A NOSA HORTA".
Enviado por Noelia o Ven, 27/05/2022 - 20:28O 23 de novembro, levamos o millo da nosa colleita ao muíño. Recibiunos Luisa, atendeunos de marabilla e, mentres acababa de moer, fomos visitar o fermoso lugar de Ribas Pequenas.
E poucos días despois recibiunos Manolo no Mazo de Penacoba. Unha visita onde puidemos aprender a forma tradicional de traballar o ferro para poder ter as ferramentas necesarias nunha sociedade agrícola e gandeira como segue a ser a nosa.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »