Blogues

Recitando poemas: Vente, ventiño do norte, de Florencio Delgado Gurriarán (Alumnado de 1º e 2º de Primaria).

Protección de datos

Desta volta, o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria ( Martín, Iris, Carlota, Manuel, Manu e Martim) recita fragmentos do poema Vente, ventiño no norte. Esta actividade foi realizada en colaboración co Colectivo Lemos Le con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2022 dedicado a Florencio Delgado Gurriarán. Esta composición está publicada no poemario Bebedeira, de Florencio Delgado Gurriarán (Editorial Nós, 1934). Recitado polo alumnado de 1º e 2º de Primaria do CEIP Rosalía de Castro, de Bóveda (Lugo) Martín, Iris, Carlota, Manuel, Manu e Martim. Baixo a supervisión da titora, Natividad Rodríguez. Edición e montaxe Equipo TIC CEIP Rosalía de Castro.

Listaxe definitiva de admitidos curso 2022/2023

Listaxe definitiva de alumnado.

Curso 2022/2023.

Todo o alumnado que solicitou praza no CEIP Rosalía de Castro de Bóveda para o curso 2022/2023 están admitidos.

Un cordial saúdo.

MARCOS, O PAI DE DANIELA, VEU PASAR O MOTOCULTOR Á NOSA HORTA (6 - 5 - 2022).

E para rematar a semana tivemos a visita de Marcos e Eva (o pai e a nai de Daniela), que viñeron a axudarnos a poñer a punto a nosa horta.

Estivemos encantad@s escoitando as explicacións de Marcos e vendo como traballaba.

En breve iremos a sementar o millo e a plantar as plantiñas do sementeiro.

Moitas grazas por esta visita tan proveitosa!

 

JOSE E MARÍA, PAI E NAI DE XOEL, MONTARON O ARMARIÑO PARA COLOCAR OS LIBROS NA ZONA DE LECTURA AO AIRE LIBRE. (5 - 5 - 2022)

A nosa biblioteca exterior xa case está a punto! Hoxe a familia de Xoel veu ao noso cole para axudarnos coa tarefa de montar

un pequeno armario para gardar os libriños destinados a ler na zona verde. Quedou xenial!

Moitas grazas por axudarnos e por compartir con nós o voso tempo!

 

O OBRADOIRO DE CREACIÓN DE EMPREGO DO CONCELLO DE BÓVEDA PON A PUNTO O NOSO COLE. (Semana do 2 ao 6 de maio).

O colexio de Bóveda ten o privilexio de contar cun dos patios escolares máis grandes e máis verdes da nosa contorna.

As rapazas e os rapaces do Obradoiro de Emprego do Concello de Bóveda e a súa monitora estiveron toda esta semana no noso centro realizando as labores de limpeza e debroce da área verde. Trouxéronnos e colocaron os bancos que nos deu o Concello para a nosa zona de lectura ao aire libre e realizaron animaliños de madeira para decorar o noso patio.

Moitas grazas polo voso traballo!!

EN 21 DÍAS NACERÁN OS NOSOS PITIÑOS. (3 - 5 - 2022).

O martes día 3 de maio, o pai de Enzo trouxo á clase de Infantil unha ducia de ovos "galados". Estivemos investigando como funciona a incubadora que nos prestou a nai de Liza e trouxemos libros da biblioteca que explican como vai ser o proceso.

En 21 días nacerán os nosos pitiños. Traeremos a unha galiña que nos presta a nai de Álex para que coide deles mentres son pequeniños.

Estamos desexando velos nacer e levalos por todas as clases para que os vexan os maiores!

 

O GALIÑEIRO ESTÁ EN MARCHA (29 - 04 - 2022).

E despois de facer o proxecto, solicitar os permisos e buscar os recursos... xa se está materializando o noso galiñeiro!!

O Concello preparou a base de cemento e fíxose cargo dos materiais necesarios. As familias (dous papás e un avó) están a realizar a montaxe do "peche"para que as nosas galiñas teñen un lugar seguro e confortable onde vivir.

Xa temos a incubadora no cole e na semana que vén montaremos a casetiña de madeira que mercamos para que vivan os pitiños.

Iremos informando dos novos avances!!


 

 

 

EXPURGO EN FAMILIA (28 E 29 DE ABRIL)

Rematando esta semana chea de actividades, viñestes as familias a tarde do xoves e a do venres para botar unha man no expurgo.

Baleirar os estantes, reorganizar o espazo,  seleccionar os fondos e volver colocar.

Un traballo inmenso e intenso que, como di o anuncio, non se paga con diñeiro.

Moitas grazas!!

O MORCEGO "PLATA" FOI ELIXIDO COMO MASCOTA DA NOSA BIBLIOTECA. (27 - 04 - 2022)

Dende o equipo da biblioteca queremos agradecer a todas as familias a súa implicación nesta actividade. Os deseños que mandastes eran espectaculares e calquera deles podería representarnos con moito acerto.

Unha vez recibidos os debuxos tocounos a ingrata labor de escoller só 12 deles para entrar no proceso electoral. Priorizamos aqueles deseños que facían alusión á biblioteca escolar e tamén aos que tiveran relación co noso entorno (natureza, colexio...) buscando un equilibrio de xeito que todas as aulas dende Infantil a terceiro ciclo estiveran representadas.

No día de onte, alumnado, persoal non docente e docentes levamos a cabo o proceso electoral.

Despois dunha reñida votación, resultou elixido o morcego Plata.

Parabéns Plata! Benvido ao noso cole!

 

Distribuir contido