Skip to Content

Activ. colectivas

CONCURSO DE CABAZAS DO SAMAÍN

Álbum: CURSO 2018-2019 -> Concurso de cabazas do Samaín

Lembrades o Samaín do ano pasado? Desde este luns, un cento de cabazas decoradas para a ocasión locen no vestíbulo, sorprendendo coa súa orixinalidade. Botádelles un ollo!

Por certo, algo estase a argallar no ximnasio. Algo que, crédenos, será aterrador. Sorprendido

AS ACTUACIÓNS DO FESTIVAL DE FIN DE CURSO 2018

4º de Educación Infantil

5º de Educación Infantil

 

6º de Educación Infantil

 

1º de Educación Primaria

2º de Educación Primaria

3º de Educación Primaria

4º de Educación Primaria

5º de Educación Primaria

6º de Educación Primaria

FINA CASALDERREY NO NOSO COLEXIO

Este venres tivemos a sorte de recibir a visita de Fina Casalderrey. Veu na compaña da memoria da súa prezada María Victoria Moreno e canto aprendemos! Coñecemos unha María Victoria nena, adolescente, adulta... Unha persoa xenerosa, mestra entusiasta e inventora de soños que levaba aos seus libros para que todos e todas poidamos compartilos con ela.

Moi agradecidos e agradecidas a Fina Casalderrey por encher de fermosas palabras a nosa biblioteca.

O COLEXIO NA FESTA DE VOZ NATURA

Álbum: CURSO 2017-2018 -> O colexio na Festa de Voz Natura

Voz Natura está a ultimar todos os detalles para que o sábado, 2 de xuño, estea todo listo no parque de Acea da Ma, en Culleredo (A Coruña) para recibir ás miles de persoas coas que se celebrará o fin do curso 17-18. Será unha xornada festiva, con numerosas actividades nas que pode participar todo o mundo de forma gratuíta. E, por suposto, o noso colexio estará alí representado por un magnífico stand onde resumimos todas as actividades levadas a cabo durante este curso. Botádelle un ollo as imaxes!

Máis info sobre a festa premendo na imaxe.

Imaxe: La Voz de Galicia.

Distribuir contido


by Dr. Radut