Skip to Content

Activ. colectivas

ENTROIDO DO COLEXIO

Imaxe: CEIP Pintor Laxeiro.

Con motivo da celebración do Entroido, comunicamos que a festa terá lugar venres, día 9 de febreiro, no patio do colexio (se o tempo o permite). O tema, xa de todos coñecido, é A Coruña, dado que o centro de interese que guía todas as actividades programadas neste curso que estamos a desenvolver é “A Coruña. Unha cidade en femenino”.

Convidámolos a que asistan para compartir con toda a comunidade educativa esta festa. Polo que o portalón do patio estará aberto 15 min. a partir das 13:15 horas. Ás 13:30, pecharase para salvagardar a seguridade do alumnado. 

Ocuparán exclusivamente a zona detrás dos bancos de infantil sen acceder ás zonas ocupadas polo alumnado.

Infórmase de que hai alumnado que non ten permiso de imaxe; polo que os pais/nais que desexen sacar foto/video reduzan estas aos seus fillos/as. 

Lembramos que o alumnado está baixo a responsabilidade de cada profesor/a titor/a ata as 14:00 horas e as familias evitarán coller ningún/ha neno/a e separalo do seu grupo de clase. Polo tanto, non poden ser sacados do centro antes da hora de saída. Esta medida tómase polo ben dos seus fillos/as.

 As clases reanúdanse o xoves día 15 de febreiro.

 

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA 2018

Xa sabemos que a paz é un asunto de todos os días, sen excepción. Mais hoxe quixemos festexala igualmente. Como? Pois reuníndonos e cantando xuntos e xuntas a canción que estivemos preparando estes días. Ademais, como acto simbólico de liberdade, puidemos gozar dunha fermosa solta de pombas.

A CANCIÓN PARA O DÍA DA PAZ 2018

Xa está dispoñible nos Rakontos a canción para o Día Escolar da Paz en a Non Violencia. Preme na imaxe.

Tamén temos a letra en pictogramas. Preme na imaxe.

MAGOSTO 2017

 

O pasado venres festexamos o tradicional magosto. Comezamos a mañá prendendo os fogóns e enchendo aos poucos as potas coas castañas (por certo, grazas ás familias pola colaboración). O recendo das castañas asadas espallouse polo colexio e entráronnos as gañas de xogar. No patio, montamos unha chea de xogos con castañas e fomos pasando por todos eles.

Esgotados e esgotadas de correr, sentamos no pavillón onde, en primeiro lugar, entregáronse os premios dos concursos do Samaín: o de cabazas e o de relatos Dáme medo. Parabéns aos premiados e premiadas! Se queredes ler os contos no Rakonto, premede nesta ligazón.

 

Xa para rematar, o máis importante dun magosto: comer as castañas. Mirade as fotos: houbo quen comeu un par de ducias delas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut