Álbum: CURSO 2018-2019 -> Magosto 2018
O pasado venres, 16 de novembro, celebramos o magosto no colexio.
![](http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipraquelcamacho/system/files/u33/magosto.jpg)
Desde moi cedo, o aire comezou a recender a castañas asadas. Coa primeira tixolada delas, un grupiño de nenos e nenas de Infantil fomos elaborando sobres agasallo con tres castañas (lembrade a canción). Para que? Para levárllelos os pequenos e pequenas da EIM Agra do Orzán. A xentiña da escola infantil quedou encantada.
![](http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipraquelcamacho/system/files/notamagostoeei.jpeg)
Por certo, cando chegamos alí, Pablo Díaz, o cantante, estaba preparando o escenario para un concerto. E, claro, xa que estabamos alí, quedamos a velo.
![](http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipraquelcamacho/galeria/albums/ceipraquelcamacho/userpics/10015/normal_VISITA_EIM_MAGOSTO_CEIP_RC_(3).JPG)
Despois do recreo, estivemos rotando por diferentes xogos onde a castaña era a protagonista. Logo, sentamos nas tradicionais pozas (son de papel, non vos preocupedes), repartíronse os premios do concurso de cabazas do Samaín e do de relatos Dáme medo.
![](http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipraquelcamacho/galeria/albums/ceipraquelcamacho/userpics/10015/normal_D%C3%81ME_MEDO_CEIP_RC_(1).jpeg)
Finalmente, chegou o principal do magosto: inchar a castañas.