Skip to Content

Activ. colectivas

Día das letras galegas

O día 18 de maio celebramos no Centro a festividade das Letras Galegas, onde participaron todos os nenos e nenas do colexio recitando poemas de Manuel María, despois fixemos un fermoso baile preparado pola profesora especialista de música, Ana, e rematamos o festexo da man dos compoñentes da AAVV Agra do Orzán, a quen agradecemos a súa dispoñibilidade e o seu bo facer, xa que coas súas pandeiretas e cancións populares fixeron as ledicias dos mais pequenos e dos maiores tamén. Moitas grazas a todos eles/elas pola súa colaboración. 

Aquí queda unha pequena mostra gráfica deste festexo.

 

 

Premios recibidos polo alumnado da actividade extraescolar de debuxo e pintura

No seguinte enlace pódense ver os distintos premios que acadaron os nenos e nenas que asisten á actividade extraescolar organizada pola Anpa, de debuxo e pintura, desde o ano 2011. Fixeron uns traballos estupendos. Noraboa a todo/as!!! e por suposto parabéns tamén a súa monitora Montse.

PREMIOS ANOS 2011-2015

PREMIO DE L. CASTIÑEIRA

Visita de Dna. Laura Lizancos

O venres día 1 de marzo contamos coa presenza no centro de dona Laura Lizancos Mora, mestra galega que colabora como voluntaria nos campos de refuxiados, que nos falou  sobre a situación dos refuxiados que chegan a Lesbos,  mostrounos imaxes dunha cidade siria (Homs) antes e despois da guerra, e a historia de Sukram, unha cadeliña que viaxou con ela desde o campo de refuxiados.  

ENTROIDO 2016

E ti que pintas? 

Este é o título do proxecto que estamos a desenvolver dende a biblioteca neste curso e que aproveitamos como temática deste Entroido 2016. Houbo pintura para todos os gustos, Luis Seoane, Maruja Mallo, Picasso e un longo listado de pintores e pintoras que foron os protagonistas deste día.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut